Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pedirá que se elabore un estudo para determinar as características dunha residencia en Foz

Nota de prensa

Durante catro anos de Goberno bipartito nin PSOE nin BNG desde a Xunta desenvolveron o proxecto construtivo desta infraestrutura, nin estableceron financiamento algún

BALSEIRO DEFENDERÁ O LUNS DÍA 13 NO PARLAMENTO A ELABORACIÓN DUN ESTUDO QUE DETERMINE AS CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS DOS QUE DISPORÁ A FUTURA RESIDENCIA CON CENTRO DE DÍA DE FOZ

o Os populares comprométense a, unha vez elaborado o estudo de necesidades, promover a construción deste centro de benestar á maior brevidade posible.

o Os nacionalistas pretenden restrinxir as características da futura residencia e o seu financiamento sen coñecer as necesidades específicas do seu municipio.

Foz, 11 de decembro de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro defenderá a través dunah proposición non de lei no seo da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia que terá lugar o próximo luns 13 de decembro que a Xunta elabore un estudo para determinar as características e servizos dos que disporá a futura residencia con centro de día de Foz. Deste xeito os populares dan un paso máis para facer realidade esta infraestrutura de benestar despois de que durante os catro anos de Goberno bipartito, nin socialistas nin nacionalistas foran quen de iniciar os trámites administrativos para construir este novo centro. De feito a Xunta bipartito nin elaborou o proxecto construtivo nin estableceu en ningún dos catro anos de goberno conxunto, financiamento algún para a futura residencia.

Os populares manteñen o seu compromiso de dotar a Foz da residencia que lle negou o bipartito e de facelo á maior brevidade posible toda vez que o estudo de viabiliadade avalie os diferentes ratios de cobertura para determinar que servizos de atención sociosanitaria e xeriátrica deben poñerse en marcha, así como as prestacións e características da futura residencia.

O BNG BUSCA AGOCHAR O NULO INTERESE DO BIPARTITO

Segundo os populares neste ámbito o Bloque Nacionalista Galego está a ter un comportamento altamente irresponsable. Primeiro porque agora pretenden agocharse tras a pancarta e a mobilización social, para disimular o total desinterese que tiveron cando obstentaron a responsabilidade de goberno na área de Benestar da Xunta, precisamente a encargada de poñer en marcha este tipo de residencias. O deputado popular subliña que pese a que moitas veces o BNG prometeu dotar a Foz deste novo centro, todo quedou en palabras baleiras de contido posto que non deixaron ningún tipo de trámite iniciado.

NON COÑECEN AS NECESIDADES CONCRETAS

Ademais agora cometen o erro de pedir á actual Xunta que poña en marcha unha nova residencia, indicando incluso que terá capacidade para 50 persoas, cando da elaboración do estudo de viabilidade pode deducirse a necesidade social dunha capacidade maior ou de servizos complementarios que eles non determinan. Os nacionalistas tamén pretendían consignar unha partida orzamentaria expresa para esta residencia, cando nos orzamentos da Xunta non existen ningunha partida específica para a construción de ningún centro en Galicia, senón partidas xenéricas que se executarán en función das necesidades de financiamento das distintas obras. De propoperar a petición nacionalista podería restrasar moito máis tempo aínda a creación da residencia.

O BIPARTITO COMO OBSTÁCULO

Finalmente os populares insistiron en que a súa posición non mudou, que siguen considerando a necesidade de contar cunha nova residencia en Foz pero lamentan que as forzas do antigo bipartito en vez de ter colaborado en acelerar esta reivindicación foran un obstáculo. Neste senso lembran un dato significativo. Pese a que foi en outubro de 2008 cando o Concello adoptou o acordo Plenario aceptando a cesión de 4.000 metros cadrados de terreo para a futura residencia, non foi ata febreiro de 2009 –catro meses despois e na véspera electoral- cando o Concello remite ao Consorcio copia da escritura de segregación e cesión efectiva destes terreos. Os populares insisisten en que este comportamento si é unha auténtica manobra dilatoria e demostra que nin PSOE nin BNG querían de verdade contar cunha nova residencia, que o PP si garantiza.

Exit mobile version