Nota de prensa
O PP lamenta que cuestións personais impidan a defensa dos intereses do Concello de Viveiro tal e coma expresaron os seus veciños nas urnas
Lugo, a 18 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Lugo lamenta a decisión adoptada por cinco concelleiros da corporación de Viveiro que, pese a ter concurrido baixo as siglas desta formación política nas pasadas eleccións municipais, no día de onte anunciaron o seu paso ó grupo dos non adscritos. Lamenta asimesmo neste senso que o ata agora voceiro do grupo municipal popular Guillermo Leal e os seus catro compañeiros antepuxeran os seus intereses personais á defensa dos intereses xerais dos veciños de Viveiro.
O Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro explicou hoxe que os órganos de dirección do partido non foron informados de xeito oficial polos xa ex concelleiros do Partid. o Popular da súa decisión de abandonar a formación política. En calquera caso, explicou que a dirección provincial, tras a súa decisión de abadonar o Grupo municipal popular de Viveiro, iniciou automáticamente o proceso de expulsión do partido.
Balseiro tamén se referiu a intención manifestada por Leal de manter a súa acta de diputado provincial. Neste punto recalca que este posto cúbrese por designación indirecta e que, polo tanto, a acta pertence ó Partido Popular.
Guillermo Leal está na corporación provincial, segundo recalca, en representación do partido xudicial da Mariña, no que se inclúen os concellos da comarca da Mariña, A Pastoriza e Abadín, e que foron os concelleiros electos destes municipios polo Partido Popular os que o elección coma deputado provincial. Non cabe dúbida, por tanto, segundo recalca o secretario xeral dos populares lucenses, que a acta provincial corresponde ó Partido Popular.
En base a esto, segundo indicou José Manuel Balseiro, dende a dirección provincial do partido agárdase que na actitude de Leal impere a coherencia e presente a súa renuncia inmediata a súa acta de diputado provincial. Entendemos que os intereses personais de carácter económico non deben en ningún caso prevalecer nin antepoñerse sobre os intereses xerais da formación política.