Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP discrepa das “últimas iniciativas postas en marcha dende a administración provincial”

Nota de prensa

Barreiro acusa a Besteiro de dispoñer “en menos de quince día e de xeito directo e por interese partidista” da terceira parte do orzamento da Deputación para o 2011

Os populares tachan de “inmoral” o uso “oportunista e electoral” que dende a administración provincial se pretende facer dos desempregados e alertan de que a capacidade de crédito da institución está esgotada

Lugo, a 28 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular censura o uso partidista que PSOE e BNG están a facer da Deputación sin ningún tipo de miramento, recato nin respeto institucional e esgotando para elo a capacidade de crédito da que dispón a institución.

Para os populares, as últimas iniciativas postas en marcha dende a administración provincial perseguen, única e exclusivamente, o rédito electoral e ratifican as criticas que neste senso veñen facendo dende o mesmo comenzo da lexislatura. Ata tal punto que en só quince días comprometeuse a terceira parte do orzamento coa que contará a Deputación para o vindeiro ano: 30 dos 92 millóns, segundo salientou o seu voceiro José Manuel Barreiro.

Dende o GPPP recalcan que os responsables da Deputación, e nomeadamente o seu presidente José Ramón Gómez Besteiro, empeñáronse durante tres anos en retrasar sistemáticamente todas e cantas obras quedaran proxectadas, e mesmo con partida orzamentaria consignada, polo anterior equipo de goberno provincial. Deron asimesmo as costas ós sectores productivos básicos da provincia cando estaban a pasar por unha situación de dificultade da que non había precedentes e miraron para outro lado cando os efectos da crise económica comenzaron a facer estragos no mercado laboral e puxeron en cuestión a propia viabilidade dun gran número de empresas, especialmente das pemes e autónomos, moitas das cales víronse obrigadas ó peche.

Un proceder que mantivo prácticamente paralizada á institución, desatendendo así o seu principal cometido, que non é outro que ser motor económico e ferramenta vertebradora do conxunto da provincia, e que, segundo salientan dende o GPPP, constituiu un reiterado argumento de crítica durante os últimos tres anos e medio. Lembran os populares que a falta de actividade da Deputación foi unha constante e que, a maiores, boa parte dos fondos adicáronse nunha gran parte en beneficio propio, perseguindo únicamente a promoción dos propios integrantes do equipo de goberno, poñendo especial acento no propio presidente.

FONDOS PÚBLICOS COMO PROPIOS

“Besteiro emprega a Deputación como a súa finca persoal e non dubida en distribuir de xeito directo e nun tempo record un tercio do se orzamento para o vindeiro ano e repartilo única e exclusivamente en función do interese partidista”, asegurou Barreiro.

O voceiro dos populares na Deputación salientou que tanto no plan complementario de obras, ó que se adican preto de 10 millón de euros, como na elección dos concellos nos que se construirán mini residencias para a terceira idade, para as que se consignaron 12 millóns, son “aplastantemente maioritarios” os concellos gobernados por socialistas e/ou nacionalistas, “e eso que o PP goberna en 34 dos 67 municipios da provincia e é a forza maioritaria en 48”, apuntillou.

Un reparto “sectario e partidista” que, segundo recalcou, foi unha constante na actuación do bipartito provincial. Sirva como botón de mostra que máis do 80 por cento do importe das obras adxudicadas pola Deputación dende outubro de 2008 ó presente mes de decembro recaeron en concellos con alcalde socialista ou nacionalista.

Máis cuestionable lle resulta aínda ós populares o plan denominado Lugoemplea, aprobado no pleno provincial, é no que se investirán 8 millóns de euros. Barreiro non dubidou en calificar de “inmoral” a utilización que se está a facer por parte dos responsables da Deputación da desgracia que supón estar no paro e suliñou que resulta chamativo que sexan precisamente os socialistas os que boten man deste asunto para tentar arañar rédito política de cara á celebración das vindeiras eleccións municipais cando son os “campeóns na destrucción de emprego”.

Neste senso, Barreiro lamentou que PSOE e BNG rexeitaran sistemáticamente cantas iniciativas levou o seu grupo ó pleno da corporación provincial precisamente en aras de incentivar a creación de postos de traballo ou para dinamizar a actividade económica da provincia e agora, como antes fixo o bipartito na Xunta e o propio Zapatero, e despois de tres anos sen facer nada ó respecto, se decaten do grave problema que supón o elevado índice de paro existente.

INXERENCIA NOS CONCELLOS

Os populares cuestiona ademais a “inxerencia na autonomía dos concellos” que conleva a aplicación desta plan, dado que a Deputación “tutelará” o proceso de selección dos traballadores adscritos a este plan de emprego, auspiciandose nunha diferenciación, que os populares tachan de discriminatoria, entre os municipios de máis de 5.000 habitantes e os de menos.

Os populares avogan por unir os esforzos das diferentes administracións para crear emprego estable e de calidade e non por parches temporais que, na súa opinión, en nada contribúen a mellorar a situación xeral actual.

Dende o GPPP tamén amosaron a súa discrepancia coa moción presentada polo PSOE relativa á licitación do AVE en Galicia. Os populares consideran que os compromisos adoptados hai que cumplilos e por esa razón consideran fora de lugar establecer calquer tipo de recoñecemento a que o ministro de Fomento, o lucense José Blanco, cumpra as obrigacións derivadas do cargo que ostenta.
Os populares tamén puxeron en cuestión que, cos graves problemas cos que se enfronta o país e a provincia en particular, o BNG esté “profundamente preocupado” pola “selección” galega. Entenden dende o GPPP que con iniciativas deste “calado social” está claro que os intereses dos nacionalistas están nunha órbita diametralmente distinta á da maioría dos veciños da provincia de Lugo.

Exit mobile version