Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que se compromete á defensa dos intereses de afectadas polos cambios na normativa sobre enerxía fotovoltaica

Nota de prensa

Barreiro e Balseiro comprometéronse a levar ó Senado e ó Parlamento a defensa dos intereses das máis de 1.500 familias lucenses afectadas polos cambios na nomativa sobre enerxía fotovoltaica

Lugo, 30/12/10. O foro informativo sobre enerxía fotovoltaica celebrado hoxe en Lugo, a instancias do senador José Manuel Barreiro para analizar pormenorizadamente a repercusión que terán as medidas retroactivas para os productores deste tipo de  enerxía na provincia de Lugo aprobadas o pasado 24 de decembro polo Ministerio de Industria, acadou unha enorme participación.

Proba inequívoca, ó entender do senador lucense, de que a decisión gubernamental xerou unha gran inquedanza entre os afectados, ós que directamente causará un grave perxuizo económico. Aínda que hai que ter tamén moi presente o dano evidente que para a economía xeral e para a propia seguridade xurídica do país se derivará da aplicación dunhas medidas legais con carácter retroactivo.

No encontro, a presidenta de ANPER (Asociación nacional de productores de enerxías renovables), Rocío Hortigüela Esturillo, realizou unha breve semblanza histórica sobre o sector fotovoltaico no noso país, poñendo de manifesto, como dato ilustrativo, que en cinco anos a normativa sobre a producción deste tipo de enerxía foi obxecto de sete modificacións.

Especial fincapé fixo na repercusión da última decisión do Ministerio de Industria pola que a tarifa de producción desta enerxía, ademais de sufrir unha reducción importante, terá efectos retroactivos. O impacto desta decisión, que calificou de “impensable nun país democrático”, afectará, segundo indicou, a 55.000 familias en todo o Estado, das que ó redor de 1.500 son da provincia de Lugo.

Familias, que segundo se puxo de manifesto no encontro, confiou na palabra do Goberno socialista e na garantía que ofrecía o Estado e fixo investimentos millonarios, invertindo en proxectos con retornos a longo prazo para os que tiveron que hipotecar os seus aforros e bens personais, Todo elo, auspiciado polo Estado que garantizaba unha tarifa fixa á que agora, ademais de rebaixarse, pretende aplicárselle un efecto retroactivo, levando á ruina a milleiros de pequenos emprendedores.

A este respecto, Hortigüela Esturillo solicitou a colaboración dos responsables do Partido Popular para evitar que o decreto lei imposto polo ministro de Industria Miguel Sebastián sexa ratificado no Congreso.

José Manuel Barreiro, pola súa banda, ademais de cuestionar “a seriedade” do goberno de Rodríguez Zapatero por cambiar a normativa “cada seis meses”, censurou que “agora pretenda incumplir os compromisos asinados e deixar na estacada a miles de familias”. Salientou asimesmo que o Goberno de España “pola súa mala xestión, creou un problema e agora non sabe, como en outras moitas cousas, como solucionalo”. Neste senso, avogou por seguir a tendencia aplicada xa en outros países con bo resultado,  e que consiste en combinar os sistemas enerxéticos convencionais co desenvolvemento das enerxías renovables.

Puxo de manifesto tamén que o aforro que o Goberno central pretende conquerir en tres anos coa adopción dunha medida tan drástica e negativa coma esta, perdeuse nun só día polo incremento da desconfianza que xerou o mesmo anuncio de adopción desa medida no exterior á hora de colocar no mercado internacional débeda pública do noso país.

Neste senso, comprometeuse a promover no Senado, ó igual que o deputado autonómico José Manuel Balseiro, tamén presente no acto, no Parlamento galego, cantas iniciativas sexan precisas non só para velar polos intereses das familias luceses afectadas, senón tamén pola necesidade de dar  impulso ó sector das enerxías renovables que sobradamente demostrou que é un importante nicho de creación de emprego e riqueza.

Exit mobile version