Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que pedirá no pleno provincial que a Deputación rexeite unha nova suba da tarifa eléctrica

Nota de prensa
O PP pedirá no pleno provincial que a Deputación rexeite unha nova suba da tarifa eléctrica

Lugo, a 27 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno da Deputación unha moción na que pide instar ó Goberno do Estado para que non efectúe unha nova subida da tarifa da factura eléctrica o vindeiro mes de xaneiro e que esta cuestión se circunscriba á elaboración dun novo pacto enerxético.

Os populares indican na súa moción que o recibo eléctrico podería subir ata un 10% o mes próximo, o que suporía que a factura dun cidadán medio acollido á Tarifa de Último Recurso podería verse incrementada en máis de 50 euros anuais.

Salientan ademais que hai que ter presente que antes desta suba, o recibo do usuario medio xa se encareceu en 158,76 euros anuais en tres anos e medio, un 34,8% segundo os datos da organización de consumidores Facua.

Por elo, entenden que un novo incremento desde recibo sería outro golpe máis do goberno socialista á xa moi debilitada economía dos fogares galegos, dado que en Galicia hai máis dun millón e medio de consumidores domésticos, dos cales 1.250.000 estarían ligados á tarifa de último recurso (TUR).

Exit mobile version