Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que as emendas sobre Sargadelos de PSOE e BNG son inaceptables

Nota de prensa

O debate desta iniciativa terá lugar mañá no seo da Comisión de Industria do Parlamento de Galicia

BALSEIRO CUALIFICA DE EXPERPÉNTICAS E INACEPTABLES AS EMENDAS DO BIPARTITO Á INICIATIVA DO GRUPO POPULAR NA QUE RECLAMA QUE O ESTADO FINANCIE AS PREXUBILACIÓNS DE SARGADELOS

·        O PSOE pide que unha empresa en crise asuma o 60% do gasto das prexubilaicións e o BNG demanda que a Xunta retire unha axuda autonómica que garante máis dun cento empregos se non readmiten a oito traballadores

Santiago, 16 de decembro  de 2010.- As emendas con proposta de texto alternativo rexistradas por PSOE e BNG á iniciativa do Grupo Parlamentario Popular pola que se pide ao Estado que finance ás prexubilacións dos traballadores despedidos de Sargadelos “son experpénticas e non teñen ningún sentido”. Así o entende o deputado popular Jose Manuel Balseiro quen ademais acusa aos socialistas de “inventarse excusas de mal pagador con tal de non afrontar os compromisos que no seu dia adquiriron”, xa que as tres forzas políticas en Cervo acordaron pedir ao Estado o financiamento estatal das axudas  para estes traballadores que agora lles negan.

PSOE: EXCUSAS DE MAL PAGADOR

No caso da emenda socialista o deputado popular explicou que chegan a pedir que unha empresa en crise como Sargadelos financie nada máis e nada menos  que o 60% do custe destas prexubilacións. Algo que sen dúbida podería dar lugar á crise total e falta de viabilidade da empresa. Todo con tal de aforrar ao Estado o pago das axudas que no seu dia comprometeron

OITO CONDICIONAN A CEN

No caso da emenda do BNG os nacionalistas condician  a axuda da Xunta –máis dun millón de euros- á que se readmitan as oito  persoas despeidas polo ERE extintivo. “Ou o que é o mesmo” -segundo explicou Balseiro- “piden que retiremos unha axuda que garante o mantemento de máis dun  cento de empregos para garantizar oito, inexplicable”.

Exit mobile version