Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a vicepresidenta da Deputación “pretende xustificar o inxustificable”

Nota de prensa:
Barcia reitera que a Deputación discrimina a concellos da Mariña

* Considera que Lara Méndez pretende xustificar o inxustificable

A Mariña, a 15 de decembro de 2010.- O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia considera que as declaracións de Lara Méndez “tentan xustificar o inxustificable” porque é “irrebatible” que hai concellos “total e absolutamente marxinados pola administración provincial á hora de realizar melloras na rede viaria da súa competencia”. Una rede de estradas provinciais que, segundo salientou, atópase en moi mal estado.

Barcia puxo varios exemplos que confirman esta situación. É o caso da estrada de Xove a Valcarría, no tramo do termo municipal de Xove, ou, no mesmo concello, a estrada Beltrán-Portiño de Morás. “Por certo, Méndez debería ter presente que o arranxo desta segunda estrada, que é un dos vías que rexistra unha das maiores densidades de tráfico da provincia, foi esixida polo grupo provincial socialista durante o último mandato provincial do PP é aínda estamos agardando a que se arranxe”, apuntillou.

O voceiro adxunto dos populares tamén fixo mención á estrada de Sante a Ría de Abres, no concello de Trabada. “Pídolle a Lara Méndez que a recorra e que o faga no seu coche particular, para que sexa ela quen teña que asumir o pago dos desperfectos derivados de circular por unha estrada chea de baches”.

No que atinxe ós comentarios da vicepresidenta sobre a participación de concellos gobernados polo PP en programas da Deputación, Barcia entende que Méndez debería explicar as razóns polas que, por exemplo, a administración provincial desdeña as reivindicacións realizadas dende o concello de Xove sobre o mal estado que presenta a súa rede viaria provincial, máxime cando a su corporación aprobou por unanimidade unha moción neste senso; ou mesmo por que ó concello de Lourenzá non se lle mandou nin unha soa máquina da Deputación para proceder á realización dalgunha obra de arranxo a pesares de telo pedilo por escrito.

Barcia tamén se referiu ó grao de colaboración da Deputación cos concellos lembrándolle que Gómez Besteiro asegurou que nos seis primeiros meses de mandato tería visitado oficialmente todos os concellos da provincia “pero resulta que os alcaldes de Xove, Trabada, O Vicedo ou Ourol aínda están agardando por el”.

Exit mobile version