Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz valora que o alcalde acollera a súa idea de poñerlle herba artificial ao campo de Maltes

Nota de prensa:
O PP FOCENSE VALORA MOI POSITIVAMENTE, QUE AO ALCALDE LLE GUSTARA IDEA PRESENTADA VARIAS SEMANAS ANTES POLO CANDIDATO CASTIÑEIRA DE DOTAR DE HERBA ARTIFICIAL O CAMPO MUNICIPAL DE MALATES.

Foz, 13/12/10.- O partido popular focense valora moi positivamente que ao Sr Rivera lle gustase a idea de dotar o campo de fútbol de Malates con céspede artificial proposta que o candidato do Partido Popular Javier Castiñeira, fixo semanas antes e o anticipou na cea mitin do pasado sábado 27 de novembro como parte das súas iniciativas para o programa electoral, tal e como se publicou nos medios de comunicación o 1 de decembro, ademais de outras proposicións.

Tratase dunha dotación fundamental para o deporte local, posto que na actualidade o estado do campo de fútbol municipal é lamentable, e así o denunciaron varias asociacións usuarias, e o propio partido Popular hai máis dun ano, proba delo e que permaneceu impracticable estes últimos meses, descoidado sen atención municipal, e os colectivos que o usaban sen poder dispoñer das instalacións tal é como o necesitaban.

É unha pena que o Alcalde e a concelleira de deportes non se deran de conta antes, e tivo que anuncialo o Partido Popular que o levaría no seu programa para que por puro electoralismo, nun alarde de celos políticos, anuncie a última hora, á presa e correndo que o vai a facer a Deputación. Eso demostra unha falta de inxenio e imaxinación tremenda por parte do grupo de goberno de Rivera que se adica a plaxiar as ideas do resto dos grupos.

O partido Popular focense, segue contando con esta instalación e moitas máis para o seu programa electoral, porque cree que esta é unha das outras promesas incumpridas da política dos bipartitos, igual que fixeron co PAC de Foz, o dragado das Dársenas, o Xeriátrico, o Auditorio, etc… pero en todo caso si está terminada antes das eleccións de Maio, o Partido Popular de Foz comprometese, a adicar a inversión prevista, noutra instalación abandoada como pode ser a “reforma integral do Campo da Cabana”, e adaptación das instalacións como zoa deportiva e multiusos, fundamental para organización de eventos deportivos, lúdicos e culturais no centro do pobo, que polo visto tampouco temos.

Aínda que se o pode facer o Sr Besteiro antes das eleccións tamén o aceptamos, porque por ideas que non sexa, non obstante supoñemos que todo isto, acabarano facendo os de sempre, os que van a Facer o Dragado, os que mellorarán o abastecemento da Auga, , os que Mellorarán a estrada antiga de Foz a Ferreira e mais a de Cangas-Ferreira, obras que por sorte están licitadas, adxudicadas e empezadas ou pendentes de escomenzar todas elas, e por suposto os que farán o Xeriátrico na próxima lexislatura.

Exit mobile version