Nota prensa
O deputado Jose Manuel Balseiro, xunto ao alcaldable popular Javier Jorge Castiñeira e membros do PP de Foz deron a coñecer esta boas novas nunha rolda de prensa celebrada no día de hoxe
MÁXIMA SATISFACCIÓN DO PP TRAS COÑECERSE QUE A XUNTA INVESTIRA PRETO DE NOVE MILLÓNS DE EUROS EN FOZ DURANTE O ANO 2011
o Aos 6,5 M€ previstos expresamente nos orzamentos da Xunta para o ano próximo compre engadir 1.5 M€ máis para ao dragado portuario e 1 M€ máis para o mantemento da ambulancia medicalizada UVI-móbil con sede no Centro de Saúde de Foz
Foz, 17 de decembro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol acompañado do alcaldable popular en Foz, Javier Jorge Castiñeira e doutos membros e cargos públicos locais desta formación política, deron a coñecer no día de hoxe en rolda de prensa unha boa nova que se vén a sumar ao investimento millonario xa previsto pola Xunta durante o ano próximo.
1,5 M€ PARA O DRAGADO PORTUARIO
Aos 6,5 millóns de euros en actuacións concretas que o Goberno galego executará durante o 2011 hai que engadir 1,5 millóns de euros máis que será o orzamento co que conte o dragado da canle principal do peirao pesqueiro e do Porto Chico segundo as informacións que deron a coñecer aos populares os responsable do Ente Público Portos de Galicia.
Os populares indicaron que o dragado non será máis ca unha actuación complementaria a outra moito máis ambiciosa que contempla a reorganización integral da dársena portuaria e que suporá actuar e poñer en valor en máis de 15.000 metros cadrados de espazo titularidade de Portos de Galicia. Ademais a intención é empregar as area procedente deste dragado, previamente depurada, para a rexeneración dos areais mariñáns, se así o acepta o departamento estatal de Costas, contribuíndo a arranxar os danos provocados polos sucesivos temporais nas praiais da nosa comarca.
1 M€ PARA O MANTEMENTO DA UVI-MÓBIL
Outro dos investimentos compremetidos pola Xunta, segundo puido coñecer o PP, é o millón de euros que investirán para o mantemento da ambulancia dedicalizada –persoal e prestación do servizo-, para a continuidade da UVi-móbil con sede no Centro de Saúde de Foz
INFRAESTRUTURAS, TRAIDA DE AUGA E SOLO INDUSTRIAL
Jose Manuel Balseiro tamén significou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano próximo, que serán aprobados definitivamente a próxima semana, contemplan outras moitas actuacións como son a nova rede de abastecemento de Auga, para os que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo destinará 1,6 M€, a Rehabilitación do firme e mellora da seguridade viaria na estrada Ferreira-Cangas (LU-162), 757.070,64 euros para Dotación de beirarrúas e mellora do pavimento da estrada Valadouro-Foz (LU-152) e 2,7 M€ para o polígono industrial, segundo as previsións de Xestur Lugo.
O compromiso do Goberno galego é polo tanto “firme e realista” e dista moito do triunfalismo nada crible que emprega o alcalde socialista de Foz cando, a pesar da magnitude dos compromisos pendentes durante a pasada lexislatura, pretende facer valer as poucas obras executadas polo bipartito.
RESIDENCIA
Os populares tamén xustificaron coas malas perspectivas electorais do equipo de Goberno municipal que agora no PSOE anden tan apurados pola residencia de persoas maiores e lembraron que precisamente foi a iniciativa do Grupo Popular no Parlamento onde se aprobou que a Xunta inicie os tramites de estudo de viabilidade e características técnicas, dotacionais e de servizos, así como os proxectos para comenzar canto antes a obra que o bipartito negoulles aos veciños durante o pasados catro anos.
PLANIFICACION E RIGOROSIDADE
Os representantes locais do PP lamentaron que agora desde a Alcaldía se diga que o van construir a estructura xunto coa Deputación de Lugo, achegando máis de 600.000 € que non constan presupuestados.. “Logo teremos que ver que é o que pasa, ou se van facer coma os edificios das licencias da discordia do Sr. Rivera, que moitos quedaron en formigón, sen estudo de viabilidade, con presas e correndo, e ahí están no pobo para velos”. “Sexamos sensatos é empecemos as cousas polo principio, fagámolas ben porque os cartos non son do Sr. Rivera, nin do Sr Besteiro, nin do Sr. Castiñeira, son de todos os focenses e galegos que caro lles costa pagalos.
NON HIPOTECAR AOS VECIÑOS DE FOZ PARA DOTARNOS DUNHA INFRAESTUTURA QUE PODE SAÍR GRATIS
Os populares focenses tamén quixeron anticipar que non están dispostos a que o concello se hipoteque un so euro, “nunha infraestuctura que pode vir totalmente financiada por outras administracións, ademais, si cedeu ao consorcio e a Xunta de Galicia os terreos, e lle pide que faga alí o xeriatrico, onde vai facer él o seu, isto é como decia un examigo seu, de republica bananera para diante, nin o mellor hugo chavez solta farol á maneira”.