Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz afirma que o alcalde trata de bloquear obras que está a emprender a Xunta

Nota de prensa

RIVERA TRATA DE BLOQUEAR TODAS AS OBRAS QUE ESTÁ A EMPRENDER A XUNTA DE GALICIA NO POBO DE FOZ.

Foz, 19/12/10.- Según afirma o popular focense Javier Castiñeira, “O Alcalde de Foz García Rivera está a bloquear as obras importantes propostas pola xunta de Galicia dun xeito que roza o espírito antidemocrático, xogando cos intereses de todos os focenses, hipotecando o futuro do pobo, é negándose a colaborar coa administración autonómica, burlando de forma vergonzosa a súa responsabilidade, co único pretexto de defender un sillón que cada día ve máis lonxe”.

O candidato dos populares focenses Javier Castiñeira, está totalmente convencido de que “o Sr Rivera está a bloquear, baixo intereses electoralistas, as obras de gran importancia que está a propoñer a Xunta de Galicia para o pobo de Foz, que o Bipartito do que tanto presume non foi capaz de facer nas épocas de bonanza”.

Proba diso, é a última decisión de Negar o paso dos camións dende a dársena á rotonda de Vilaxuane pola estrada que pasa polo Campo de Malates, onde non causan molestia algunha, para impedir un dragado urxente da bocana do porto tan desexado polos mariñeiros, armadores e usuarios do porto de Foz, unha vez que se anunciou que o dragado era inminente pola súa necesidade, e que de forma urxente se levaría por transporte de camións ata Ortigueira.” “Primeiro, a administración central que goberna o PSOE nega o acercamento do punto de vertido para rexenerar os areais cércanos para facelo inviable, e unha vez que se decide levalo por terra a Ortigueira, tamén se nega, agora o alcalde. Está claro que non queren que se faga nada que non pase pola súa man ditatorial.”

“Mentres o alcalde inaugura pajareras municipais, e as presenta como os grandes proxectos de futuro do crecemento de Foz, por outro lado segue paralizando demagóxicamente os proxectos que verdadeiramente son importantes e necesarios, que vai a realizar a Xunta de Feijoo na localidade”. “Igual que esta a facer co dragado, unha inversión millonaria, o fai co xeriátrico, unha vez a Xunta decidiu, por unha iniciativa presentada polos populares de Foz, facer o proxecto e estudos previos da Obra, como non o fixo o bipartito, agora nun ataque de celos decide hipotecar os intereses dos focenses gastando un diñeiro que ía ser financiado na súa totalidade por outras administracións.”

Outro exemplo de bloqueo Kafkiano é a negativa do alcalde a solicitar unha subencíón en colaboración coa asociación “Obispo Santo” organizadora da romaría do bispo Santo, para facer unha obra de ampliación do campo da festa, de vital importancia para a súa declaración como festa de interese turístico, que subvencionaría na súa totalidade a Xunta de Galicia, en concreto a consellería de Medio Rural, grazas as negociacións directas feitas polo candidato Javier Castiñeira na citada consellería.

O Sr Castiñeira trata de “irresponsabilidade política e moral dun alcalde que antepón os seus intereses políticos antes que os dos seus veciños, porque ve perigar a súa continuidade como rexedor da localidade.”. ” con estas decisións Chavistas, a la venezolana o Sr Rivera demostra unha insensatez tremenda ao pedir obras a Xunta que logo el mesmo se encarga de bloquear, así pasou cas 24 horas cando llelas ofreceu o goberno de Fraga porque o PAC era imposible, agora co Dragado e o Xeriatrico, e de forma incomprensible ca ampliación do campo da festa do Bispo Santo”, estou seguro que os focenses saberán valorar no seu día a xestión Rivera, igual que decidiron co fracaso do Bipartito, e mais decidirán co goberno de Zapatero, que nos están a levar a un pozo de difícil saída”.

Exit mobile version