Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo fai un “xantar baile de Nadal” en San Román para afiliados e simpatizantes

Nota de prensa

Os populares agradecen a cesión deste espazo propiedade da comunidade de montes desta parroquia cervense e convidan a todos os veciños a desgustar un suculento cocido servido por Cesáreo

O PP DE CERVO CELEBRARÁ UN XANTAR BAILE DE NADAL NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁN

* Terá lugar o domingo 12 de decembro a partir das 15 horas.

* Xose Manuel Barreiro, Alfonso Rueda e Raquel Árias compartirán o xantar con veciños,  afiliados e simpatizantes populares.

* A sobremesa estará  amenizada coa actuación do grupo musical Vivarium

Cervo, 1 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Cervo celebrará un xantar baile de Nadal no pavillón polideportivo de San Román. Terá lugar o domingo 12 de decembro ás 15 horas e xunto aos membros do  Equipo de Goberno municipal está prevista a asistencia do presidente provincial do PP, Xose Manuel Barreiro, do secretario xeral do Partido Popular de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e da Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Árias.

Os populares agradecen a cesión deste espazo propiedade da comunidade de  montes desta parroquia cervense e convidan a todos os seus afiliados e simpatizantes, e aos veciños en xeral, a degustar un suculento cocido servido pola empresa de Cesáreo. Ademais a sobremesa estará amenizada coa actuación do grupo musical Vivarium.

Aqueles que estean interesados en acudir ao xantar baile poden adquirir as súas tarxetas nos establecementos hostaleiros habituais, ou contactando cos responsables da organización deste  evento. Os populares queren despedir o ano 2010 coa mirada e esperanzas postas en revalidar a confianza dos cervenses no ano electoral que está por chegar e antes disto compartir xunto cos seus simpatizantes un espazo de confraternidade nestas datas festivas.

Exit mobile version