Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que o concello se opoña á suba da luz

Nota de prensa:

O GMPP afirma que a pretendida subida da luz afundirá moitas economías familiares, de autónomos e de pequenas e medianas empresas.

Consideran que o pleno burelés debe posicionarse en contra.

A subida anunciada pode ser do dez por cento para potencia superior a tres kw.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela anunciou hoxe a presentación dunha moción na que solicitan que o pleno burelés demande do Goberno de Zapatero a paralización da pretendida subida da luz anunciada hai uns días e que pode rondar o dez por cento sobre o consumo enerxético para potencias contratadas superirores a tres kw.

Os populares consideran que esta subida, de levarse á práctica, poñerá en grave risco moitas economías familiares, xa que a subida pode supoñer entre 50 e 60 anuais na factura da luz, ademais de influir negativamente no sector de autónomos e da pequena e mediana empresa.

Os concelleiros do PP lembran que o goberno central anunciou unha subida da luz a finais do verán, que non se concretou pola presión exercida desde as filas populares. Naquel momento, hai catro meses, o PP solicitaba a elaboración e sinatura con amplo respaldo dun pacto enerxético a través do que se establecerían os prezos da enerxía. Tal pacto enerxético ainda non se concretou pola falla de interese do Goberno de Zapatero.

Para o PP de Burela, resulta sorprendente que se este incrementando a factura da luz ás economías familiares e ó mesmo tempo se esteña subvencionando con cifras mui importantes as enerxías renovables.

Os populares lembran que o bipartito de Burela tampouco está a facer nada neste asunto, xa que paralizaron absolutamente a posible ubicación dun parque eólico singular no noso termo municipal, o que podería representar unha fonte de ingresos para o concello. Ademais, a amortización da instalación de novas farolas nas rúas de Burela, de concretarse o incremento do prezo da luz, sería nula.

Exit mobile version