Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que o concello se interese pola prexubilación dos traballadores de Sargadelos

Nota de prensa:
Os populares piden que o Concello solicite ó Goberno Central axudas para financiación as prexubilacións dos traballadores de Sargadelos.

Consideran que a Xunta cumpliu e agora tócalle ó Goberno de Zapatero.

O bipartito burelés non se interesou polo conflicto de Sargadelos.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela anunciou hoxe en rolda de prensa a presentación dunha moción na que solicitan que o pleno burelés demande do Goberno de Zapatero a concesión das axudas correspondentes para financiar as prexubilacións dos traballadores de Sargadelos afectados polo ERE extintivo, ERE que foi informado favorablemente pola Inspección de Traballo dependente do Goberno Central.

Os populares lembran que Sargadelos forma parte intrínseca da cultura galega e por suposto da da comarca, e moitas economías familiares do noso concello dependen desta empresa. O feito de estar asentada noutro concello non é obstáculo para que o pleno burelés se posicione e demostre o seu apoio ós traballadores votando a favor da petición ó Goberno Central de concesión destas axudas.

Non se esquecen que para acceder a esas axudas é precisa a petición da empresa conxuntamente cos representantes dos traballadores ou directamente por estes últimos.

No que se refire ós traballadores despedidos, e dos cales a empresa hasta o momento non quere saber nada, alomenos tres dos mesmos residen en Burela, e desde o bipartito non se tén feito absolutamente nada desde o inicio desta problemática que tén levado a estes despidos. O veciño concello de Cervo ténse sentado a falar coa empresa e cos representantes dos traballadores; o noso alcalde e os concelleiros que din que o apoian quedáronse sentados.

Para os populares, resulta chocante que cando PSOE e BNG estaban na oposición municipal se tiveran preocupado pola situación laboral doutras empresas ubicadas en Burela. Algo que non se lles reprocha. Pero o que sí é certo é que algunha desas empresas tiña menos traballadores de Burela ca Sargadelos, polo que só cabe pensar que o único que os movía era o afán de protagonismo porque o interese polos traballadores que demostran está á vista que é igual a cero.

Igualmente, os populares piden que o concello burelés faiga as xestións oportunas para que esas axudas

Exit mobile version