Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela lamenta que non se acheguen proxectos nin alternativas de tráfico

Nota de prensa:

Os populares consideran que o alcalde, algo soberbio, xogou cos veciños na reunión sobre Pardo Bazán.

O PP lamenta que non aportara nin proxectos nin alternativas de tráfico.

Pídenlle ó alcalde máis traballo e seriedade, e menos cinismo e demagoxia.

O PP de Burela considera que o alcalde escenificou o pasado martes dia trinta coa reunión de veciños sobre a posible peatonalización da rúa Pardo Bazán a súa falla de traballo, o seu cinismo e demagoxia, e mesmo a súa soberbia. Os populares lembran que é a primeira reunión con veciños que convoca o alcalde para tratar un asunto de ámbito colectivo. No seu programa electoral, o PSOE incluía unha consulta trimestral ós cidadáns de Burela sobre asuntos de interese colectivo, promesa que evidentemente non se chegou a cumplir.

Para os populares, o alcalde, ante unha reunión así, debería preparar a documentación suficiente para explicar que é exactamente o que quere facer, e levar tamén varias propostas alternativas. Pero nin levou documentación, nin levou propastas alternativas minimamente elaboradas, co que a impresión que deixou entre os asistentes foi que se trataba de falar sobre nada, porque nada había sobre a mesa. Esto demostra que o seu forte non é o traballo: un alcalde que se precie, que fai unha proposta de peatonalización, tén que levar datos, plan alternativo de tráfico, saber o custo aproximado, e cal vai ser a financiación. De esto, por suposto, o alcalde non falou nada de nada.

Si quería sacarse a foto co salón de plenos cheo de xente, a verdade é que o logrou, pero sacarse a foto a cambio de nada non é máis ca un exercicio de cinismo e demagoxia, xa que usou ós veciños para tentar demostrar que tén capacidade de diálogo. E a conclusión dos asistentes foi outra radicalmente distinta: a capacidade de diálogo do alcalde é mui limitada, por non decir que é nula.

Cinismo e demagoxia traducidos en decir que haberá aparcamentos suficientes en Torrentes; decirlles esto ós veciños e comerciantes de Pardo Bazán, decirlles que para ir comprar a Pardo Bazán se pode aparcar en Torrentes significa que ou alcalde é un demagogo ou pretendía cachondearse de todos os asistentes.

E finalmente, apareceu o alcalde algo soberbio, con frases chulescas (“eu faigo esta reunión porque quero…”, “…non tiña por que consultar a ninguén para facer esta obra…”, “…podemos meter a maquinaria cando queiramos…”, etc.), son mostra do verdadeiro talante dunha persoa á que lle queda grande o posto de alcalde. Apareceu o alcalde intolerante, inimigo de que lle leven a contraria, ansioso de que lle dean a razón ainda cando non a tén, e que se alporiza de forma inmediata cando o contradín.

Os populares confían en que o alcalde afine máis cando volva a convocar unha reunión por un tema de interese colectivo e de ampla repercusión, que modere o seu comportamento hacia os camiños da tolerancia e do diálogo ben entendido, e que escape do cinismo e da demagoxia e en todo caso aporte proxectos e propostas documentadas.

Exit mobile version