Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que a Xunta reafirmou o traballo levado a cabo durante anos no encontro de inmigrantes celebrado en Burela

Nota de prensa

Os populares valoran positivamente o encontro de inmigrantes celebrado o sábado en Burela.

Consideran que a Xunta reafirmou o traballo levado a cabo durante anos neste campo.

O PP de Burela fixo pública no día de hoxe o súa valoración positiva do encontro da inmigración celebrado o pasado sábado día dezaoito, baixo a organización da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para a Emigración, e que contou coa presencia de cáseque dúascentas persoas achegadas de toda Galicia, incluida poboación inmigrante ubicada en Burela.

Deste xeito, segundo os populares, a Xunta reafirma e recoñece o traballo que durante moitos anos se levou a cabo en Burela para acadar unha cada vez millor integración da poboación inmigrante, de tal forma que a poboación de orixe caboverdiana está xa perfectamente integrada en Burela.

Os populares destacan a capacidade integradora dos bureleses ante a chegada de poboación inmigrante, así como fundamental a equiparación de dereitos e deberes de todos os cidadáns ubicados no concello.

Igualmente, consideran que a millor forma para acadar a integración pasa pola dignificación da persoa, que se centra en tres aspectos: dereito ó traballo, acceso á educación e respecto mututo ás manifestacións culturais e características definitorias de calquera grupo social.

O PP continuará mantendo reunións coa Xunta de Galicia para buscar máis e millores fórmulas integradoras da poboación inmigrante atendendo en todo caso ás liñas de actuación antes indicadas.

Exit mobile version