Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP anuncia que o goberno da Xunta de Galicia non impide que Pescanova monte unha piscifactoría en Penedo do Corvo en Ribadeo

Nota de prensa

Durante os catro anos de Goberno bipartito non se creou ningunha piscifactoría na Mariña lucense e todas e cantas se fixeron foron durante o mandato do PP

BALSEIRO ASEGURA QUE O ACTUAL GOBERNO DE GALICIA NON PUXO NINGÚN IMPEDIMENTO PARA DESENVOLVER O PROXECTO ACUÍCOLA DE PESCANOVA EN RIBADEO

* Nos pasados anos de bonanza o PSOE mantivo paralizado o Plan Galego de Acuicultura por intereses políticos e agora, en plena crise, para lavar a súa imaxe, reclaman ás empresas que desenvolvan os proxectos pendentes que o bipartito frenou.

* Unha oportunidade perdida: Empresas da Mariña están a xerar emprego e aplicar os seus coñecementos nas piscifactorías de Portugal onde fuxiron os investimentos desta compañía obrigados pola parálise decidida pola Xunta bipartita.

Ribadeo, 18 de decembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balsiero Orol, aclarou que non existe ningún impedimento por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia para que a granxa de Pescanova na zona de Penedo do Corvo, en Ribadeo, poida levarse adiante e que só a actual situación económica impide a moitas empresas desenvolver os seus proxectos pendentes. “Cando podían investir non se lles deixou por parte da Xunta biparitita, que puxo impedimentos legais e técnicos, e agora que a crise limita a capacidade de acción das empresas veñen reclamando o que eles paralizaron”- concluíu Balseiro.

LAVADO DE IMAXE

O deputado popular acusou á voceira socialista do Mar de faltar á verdade deliberadamente cando atribúe ao actual Goberno algún tipo de obstáculo e sinalou que, o que agora pretenden os socialistas é lavar a súa imaxe “porque o único dato certo é que quen freou realmente estos investimentos foi o bipartito, paralizando durante anos o plan de acuicultura por intereses políticos. Foi o PSOE quen frenou a creación de empregos durante catro anos”.

CATRO ANOS DO BIPARTITO, NINGUNHA PISCIFACTORIA

O deputado popular ofreceu un dato significativo para apoiar as súas teses: durante os catro anos nos que PSOE e BNG tiveron a responsabilidade de Goberno da Xunta non se levou adiante ningún proxecto acuícola na Mariña e todas e cantas piscifactorias se fixeron proceden do impulso que os Gobernos que o PPdeG lle deron á acuicultura.

Pola conta, cando o PP accedeu á responsabilidade de Goberno da Xunta, desbloqueo a situación e publicou o mapa dos novos emprazamentos onde se atopa o de Penedo do Corvo, en Ribadeo.

O voceiro popular explicou que a Xunta actual o único que fixo foi eliminar do Plan Galego de Acuicultura algúns emprazamentos que non eran viables económica, social ou ambientalmente pero entre eles non está o de Ribadeo.

EMPRESAS DA MARIÑA XERAN EMPREGO E RIQUEZA EN PORTUGAL

Balseiro tamén  explicou que de non ter palizado o PSOE e máis o BNG desde a anterior Xunta o anterior Plan acuícola, seguramente teríase creado a pranta de Ribadeo e con ela moitos máis empregos dos que dun xeito directo traballarían na empresa Así o indicou o voceiro do Mar popular porque de feito existen compañías da Mariña lucense que están a aplicar o seu “facer saber” nas piscifactorías que Pescanova ten no pais veciño, en Portugal, onde tiveron que fuxir as empresas galegas despois de que o bipartito lles obrigara a buscar outros emprazamentos. Todo este emprego e riqueza que hoxe está en Portugal, “podería terse creado en Ribadeo, pero o PSOE non o permitiu”-concluíu Balseiro.

Exit mobile version