Nota de prensa
O PP afirma que a Deputación tén en estado de abadono o patrimonio provincial
* Os populares denuncian que o mirador de Mondoñedo está en estado ruinoso e comparan esta situación coa Residencia Miño de Lugo
Mondoñedo, 5 de decembro de 2010.- O Partido Populr considera que o bipartito provincial que preside o socialista José Ramón Gómez Besteiro non mira polos intereses da provincia. Así, salientan que se nestes últimos tres anos e medio asistimos a unha deixadez da rede viaria provincial e unha paralización absoluta da posta en marcha de parques empresariais, tamén é palpable que a Deputación tén en estado de absoluto abandono boa parte do patrimonio provincial, que é patrimonio de todos os lucenses.
Puxérono de manifesto o voceiro adxunto dos populares na Deputación e voceira municipal Elena Candia que comprobaron hoxe in situ o estado ruinoso e de total abandono no que está sumido o mirador de Mondoñedo, un establecemento hosteleiro construido a carón da estrada N-634. Portas e carpintería arrancadas, destrozos no interior, restos de animais mortos, son as mostras da absoluta ausencia de preocupación da Deputación por unha instalación feita no seu día cos cartos de todos os cidadáns da provincia.
Os representantes populares afirmaron que hai dous meses, concretamente o 7 de outubro, presentaron un escrito na Deputación solicitando información sobre o edificio, e a día de hoxe non acadaron ningún tipo de resposta. O certo é que o edificio leva abandoado tres anos e medio, e que a Deputación non fixo nada para solucionar o problema.
Para os populares, esta situación é semellante á acontecida coa Residencia do Hotel Miño de Lugo. “Resulta realmente increíble que en tres anos e medio deixaran deteriorarse tanto dous edificios que son propiedade de toda a provincia”, salientaron.
Os populares consideran que a Deputación debe artellar medidas inmediatas para, primeiro, parar o deterioro destas instalacións; segundo, recuperalas; e terceiro, poñelas en valor, porque resulta lamentable que a día de hoxe se deixen perder dous edificios que poden servir para acoller actividades para os que foron concebidos e mesmo usados, ou ben adicalos a destinos de carácter sociocomunitario.