Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz do grupo de non adscritos de Viveiro interesase pola falta de atención das empresas eléctricas aos veciños

Nota de prensa

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,

EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:

MOCION
SOBRE AS COMPAÑIAS ELECTRICAS

Que tanto os veciños de Viveiro como de outros concellos, estamos a padecer, tanto o incremento das tarifas eléctricas que o Ministerio de Industria propuxo a Comisión Nacional de Enerxía, como o cobro de forma irregular de cantidades  abusivas e que non cumplen a normativa vigente; xa que se veñen dando casos nos que se cobran cantidades desorbitas, sin que por parte de consumidor poida comprabar as lecturas dos contadores para poder contrastar as cantidades consumidas, dende a implantación dos novos contadores dixitais, nos cales no se ve a lectura, nin aperen reflexadas nas facturas que se remiten os consumidores.
Que este feito vense a dar dende o 01 de xulio de 2009, fecha na que se liberalizou a comercialización, polo cal podiamos contratar libremente con calquer empresa comercializadora, da cal nos pasaron relación y teléfono de contacto. Transcurrido  casi ano e medio dende ese momento, nos atopamos co abuso por parte das compañías comercializadoras, tanto no cobro indiscriminado, como nos consumos irreales, procedentes de lecturas estimadas, así como a tardanza no cobro dos mesmos, polo que a calquer familia se lle poden acumular mais de seis meses de consumo, sin pasar factura, o que conleva ó desaxuste económico da economía familiar , que precisamente nos tempos que corremos nos están para florituras.
Por outra parte estamos ante a indefensión das familias, cuyas demandas de aclaración non son nin siquera contestadas, tanto desde as comercializadoras, como dos organismos públicos que teñen as competencias para poder requerir as citadas compañias.
Estes feitos xa foron denunciados tanto publicamente, como levados o pleno municipal, por este grupo municipal con anterioridade, tanto no que se refire a subida de tarifas, como no da atención o cidadán.

Por todo o anteriormente exposto, o noso grupo municipal, SOLICITA, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:

1.- Dar traslado os distintos grupos do Congreso e Senado no Goberno Central, así como da Xunta de Galicia, para que tomen as medidas oportunas, para que as comercializadores den a atención que se merecen os cidadán tanto no complimento da ley, como na atención das suas queixas e reclamacións, e que lles exixan o cobro real do consumo e non consumos estimativos.
2.- Que se lles exixa as empresas comercializadoras da enerxía que teñan cando menos unha oficina de atención ó publico, nos concellos, donde esteñan operando.

Exit mobile version