Nota de prensa
MUSEOS E MEMORIA
A memoria é o excelente tema que desde o ICOM se nos propón como eixo central das celebracións arredor do Día Intercional dos Museos para o ano 2011. Unha decisión que desde a Rede Museística aplaudimos e á que nos sumamos de inmediato.
A importancia deste tema non é algo que incumbe soamente a institucións culturais como a nosa. Tamén os arquivos e as bibliotecas son gardiáns da memoria colectiva e é por iso polo que o ICOM iniciou unha estreita cooperación institucional co Programa Memoria do Mundo da UNESCO, o Consello de Coordinación das Asociacións de Arquivos Audiovisuais (CCAAA), o Consello Internacional de Arquivos (ICA), o Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) e a Federación Internacional de
Asociacións e Institucións Bibliotecarias (IFLA).
Por todo iso e sumándonos ao esforzo dos diversos colectivos culturais que se farán eco desta proposta ao longo do vindeiro ano, preparamos un programa especial para este Nadal coa memoria como eixo temático central, programa que só é un anticipo dunha ampla e variada oferta dedicada á memoria que poñeremos en marcha durante todo o ano 2011. Concienciar á sociedade sobre a rehabilitación da memoria cultural e lingüística dos que nos precederon na vida e asegurar a transmisión do noso patrimonio ás seguintes xeraciónséo obxectivo.
Todas as actividades incluídas neste programa potencian novas capacidades cognitivas:
-Aprender a coñecer
-Aprender a ser
-Aprender a vivir xuntos
-Aprender a facer
E sobre todo: EMOCIÓN, a importancia da emoción e o asombro na arte de medrar.
BLOQUE 1: O MUSEO CONTA A SÚA HISTORIAâ?¦ A NOSA/VOSA HISTORIA
Dedicaremos este bloque á reconstrución da memoria de cada museo de maneira que forme parte da memoria de cada un.
OBRADOIRO DE MONICREQUES
Impartidos por: Arte Menudo, Encarna Lago, Francisca Abuín, Ángeles Rivada e Amelia Pernas.
Museos e datas:
Museo Provincial do Mar, San Cibrao: mércores, 22 de decembro, pola tarde.