O Apalpador, a mítica figura do Nadal Galego, chega a Burela e faino da man da Concellaría de Industria e Comercio do Concello de Burela e dos Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos da localidade: os IES Monte Castelo e Perdouro. Miruca Parga e Carme Cociña, coordinadoras dos Equipos de Dinamización Lingüística nos centros de ensino secundario de Burela, e Xosé González Legazpi, concelleiro de Comercio e Turismo, presentaron esta campaña de Nadal que beneficiará os establecementos comerciais da localidade.