Site icon Crónica3.com A Mariña

O infantil burelista imponse ao Hércules 1-2 e cóase na segunda fase do “Cidade de Lugo”

Nota de prensa:

O INFANTIL BURELISTA IMPONSE AO HÉRCULES (1-2) E CÓASE NA SEGUNDA FASE DO ‘CIDADE DE LUGO’

O ED EON Burela FS Infantil A coouse na segunda fase do IX Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’ (2-4 de xaneiro), tras impoñerse onte ao Hércules Coruña (1-2) na final da primeira eliminatoria, de carácter autonómico.

Ademais de resolver os enfrontamentos de grupo con contundencia e quedar campión, o cadro de Carlos Méndez tamén foi recoñecido co Trofeo Sykes de Equipo Máis Deportivo e o Reloxo Timex ao Mellor Xogador recaeu no laranxa Renato.

Encadrado no Grupo C, o Infantil burelista medirase ao Les Corts (Barcelona), o domingo 2, e ao Vigo 2015 e CDFS Grucer (Madrid), o luns 3.

Nesta primeira cita de 2011 tamén participará o ED EON Burela FS Benxamín A, no Grupo B, con AD Barval EM O Barco (campión da primeira fase), Troula-Betanzos FS A e Club del Mar San Amaro.

Como aconteceu xa na eliminatoria anterior, en cada categoría accederán ás semifinais (martes 4) os campións de grupo, así como o mellor segundo.

Domingo 2 de xaneiro

19.00 horas: Club del Mar San Amaro Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

22.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Les Corts Infantil (Casa do Deporte)

Luns 3 de xaneiro

12.00 horas: Troula-Betanzos FS Benxamín A-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

15.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Vigo 2015 Infantil (Casa do Deporte)

19.00 horas: AD Barval EM O Barco Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

23.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-CDFS Grucer Infantil (Casa do Deporte)

Exit mobile version