Nota de prensa
O INFANTIL A LARANXA ACCEDE ÁS SEMIFINAIS DO ‘CIDADE DE LUGO’
O conxunto Infantil A da ED EON Burela FS disputará hoxe as semifinais do ‘Cidade de Lugo’ despois de impoñerse na fase de grupo a Os Meigallos (12-0), Salesianos (11-0) e EDM Vilalba (11-1). Club del Mar San Amaro será o rival dos laranxas, ás 14.00 horas, no Palacio Muncipal dos Deportes.
No caso de gañar e ademais impoñerse na final, fronte ao vencedor de Hércules-EDM Quiroga, o ED EON Burela conseguirá o billete para a seguinte fase, de carácter nacional/internacional, que se disputará entre o 2 e o 4 de xaneiro.
Menos sorte tiveron os outros dous representantes burelistas. O Alevín A caeu derrotado ante Club del Mar (3-0), Mare Nostrum (4-1) e Concello de Guitiriz (6-3) e o Cadete, pola súa banda, non puido impoñerse a Ciudad de Lugo Nupel (1-6), Barval (1-4) e Salesianos (3-5).
Horarios
13:00 horas: Hércules Coruña-EDM Quiroga (1ª semifinal infantil)
14:00 horas: Club del Mar San Amaro-ED EON Burela FS (2ª semifinal infantil)
19:00 horas: Final Infantil
21:00 horas: Cerimonia de clausura e entrega de trofeos