O hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro organiza as xornadas da caza que se celebrarán do 4 ao 12 de decembro. A directora, María Hermida, explica que “intentamos ofrecerlle á nosa clientela unha ou máis propostas en cada estación, estamos no outono na época da caza e preparamos unhas xornadas para que os que nos visiten poidan gozar da cociña tradicional cos aromas e sabores típicos da caza”.