Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de Teatro “O Bordelo” de Cervo actúa o sábado en Riotorto

O vindeiro sábado, día 4 de decembro , ás 10 da noite o grupo de teatro O Bordelo de Cervo representará no Centro Sociocultural de Riotorto a súa peza “Quintana de vivos, angurias dos orfos”, orixinal do seu director Francisco Piñeiro. O acto está enmarcado dentro do circuito “Cultura vai” e organizado polo Concello. Con esta actuación os compoñentes do grupo cervense rematan outra temporada repleta de actuacións, a duodécima , e xa comezan a ensaiar con urxencia o seu novo traballo para estrear o día cinco de xaneiro, como vén sendo tradicional en Cervo.

Exit mobile version