Nota de prensa
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS
1.- O convenio suscrito entre o Concello de Viveiro e Asociación da Banda Municipal de Musica temos entendido que remata o 31 de Decembro do presente ano. ¿Esta previsto que se firme un novo convenio?, ¿si é así para cando?
ROGOS
1.- O teito do pabillón denominado “Antonio Tarrio” ten goteiras dende hai algún tempo. ROGAMOS o equipo de gobernó faga as xentións oportunas ante a Consellería de Educacion da Xunta de Galicia para reparar ditos desperfectos.