Site icon Crónica3.com A Mariña

O Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente trae 9 películas a Burela

Nota de prensa

O XOVES COMEZA NA CASA DA CULTURA A PROXECCIÓN DE NOVE PELÍCULAS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MEDIOAMBIENTE.

Burela, 28 de decembro de 2010. O vindeiro xoves 30 de decembro dará comezo na Casa da Cultura a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo confirmou hoxe o alcalde.

Alfredo Llano dixo que “os filmes abordarán cuestións coma o cambio climático, a auga… o obxectivo é fomentar e incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e formación. Comezamos este xoves proxectando a película Aquí para permanecer, na que se abordan cuestións coma o quentamento global e do agotamento dos recursos naturais, é unha reflexión sobre todos estes asuntos. Será a partires das oito e media da tarde e a entrada é gratuita e agardamos que sexa do interés da poboación de Burela e dos concellos limítrofes. Todo o que queira está convidado a disfrutar deste ciclo de cine de medio ambiente”.

O rexedor engadiu que “o 4 de xaneiro poderáse ver o filme Un mar cambiante, o 8 de xaneiro será o momento de disfrutar con Solo un agua, xa en febreiro terán lugar as proxeccións de Los días de la tierra, Green e Viva la Amazonía, e despois virán La lucha alimentaria e Tesoros descartados. O ciclo rematará en abril. A duración das películas oscila entre unha hora e unha hora e cuarto, a temática é de grande interés xeral e o seu contido dará qué pensar aos que acudan a esta cita”.

Llano lembrou que “este ciclo chega a Burela grazas ao acordo acadado hai unhas semanas entre o Concello e a dirección do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente”.

Exit mobile version