NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o bipartito burelés non alegou ás directrices do territorio da Xunta bipartita en 2008.
Aseguran que aquelas directrices dábanlle o mesmo trato a Burela ca lle da as recentemente aprobadas.
Burela poderá acoller servicios comarcais e supramunicipais, segundo o documento remitido pola Xunta.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela lamentou hoxe a través dunha nota de prensa que Neves Cando se faiga notar unicamente para atacar ó PP e á Xunta, e culpalos de todos os males que tén Burela, esquecendo que ela tén responsabilidades de goberno, pero que non se lle ven os resultados por ningún sitio.
Esta é a conclusión que sacan logo da “patética” nota de prensa da concelleira do Bloque.
En primeiro lugar, os populares refírense ó documento remitido pola Xunta, no que se fai constar que “as subcabeceiras están chamadas a desempeñar funcións de carácter supramunicipal (Burela xa o está a facer), e nalgúns casos comarcal (Burela xa o está a facer), polo que a concreción de dotacións e servicios que deberán prestar son de grande significancia, ainda que sempre planificados desde a complementariedade coas restantes cidades do sistema e así, de eficiencia na asignación de recursos para a prestación de servicios e a acollida de actividades, tal e como esixe unha ordenación do territorio que vele polo interese xeral da cohesión territorial”.
Por outra banda, o documento de referencia fai fincapé na incidencia dos catro núcleos máis importantes da Mariña sobre os espacios rurais e a pobación que neles se asenta.
Por eso consideramos que a nota da concelleiro, a nacionalista está fóra de lugar. “Claro que todos queremos o millor para o noso concello, e neso Neves Cando non nos vai nin tan siquera empatar, pero a racionalidade e o sentido común deben imperar”, aseguran os populares.
Finalmente, “resulta de un cinismo intolerable e certas dosis de cara dura que agora o bipartito burelés se lance a este asunto e o trate deste xeito, porque o único motivo real é crear unha polémica para tapar a súa falla de xestión, a súa falla de traballo e a súa ausencia de proxecto para Burela. E eso é así, porque as Directrices de Ordenación do Territorio aprobadas pola Xunta de Feijoo son básicamente iguais ás que elaborara a Xunta bipartita, que á súa vez eran coincidentes con outras previas elaboradas pola Xunta de Fraga Iribarne. É máis, o tratamento que se lle dá a Burela agora é o mesmo que lle daba a Xunta bipartita. E o que é peor, a Xunta bipartita expuxo ó público as directrices de ordenación do territorio no verán de 2008, e o bipartito burelés non propuxo ningunha alegaciónl, e xa que logo deberían explicar por que daquela non alegaron e agora protestan. Polo tanto, agora non deben facer lume se non hai con que. O que sí teñen que facer é poñerse a traballar dunha vez por todas, que levan tres anos e medio facendo practicamente nada”.