Site icon Crónica3.com A Mariña

O de PP burelés pide cautela e consenso para nomear a Praza do Concello como da Confraría de Pescadores

NOTA DE PRENSA

O GMPP burelés pide cautela e consenso para nomear a Praza do Concello como da Confraría de Pescadores.

Aseguran que “con esta praza e con estes nomes non se debe frivolizar”.

Afirman que se enteraron do asunto ó ver a convocatoria do pleno.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe que poñerlle o nome de Praza da Confraría de Pescadores á Praza do Concello “é un asunto co que nin se pode nin se debe frivolizar, e pensamos que o alcalde o está facendo, que o está tratando mui alegremente e sen seriedade nngunha, porque se vai adoptar unha decisión que en principio non está matizada nin sabemos se conta real e efictivamente co respaldo maioritario da poboación burelesa”.

O GMPP, que asegurou que se enterou do asunto ó ver a convocatoria do pleno, considera que “a praza é un lugar emblemático dentro da nosa vila, polo que tén de simbolismo ó estar fronte ó edificio municipal e representar ó conxunto da cidadanía; e os nomes do Concello e da Confraría non son dous nomes calquera”.

Estas cuestións foron postas de manifesto no día de onte na comisión informatva de asuntos de pleno celebrada no concello burelés.

O GMPP considera que “o alcalde, tan dado a decir que hai que levarse ben e todas esas lindezas, debería ter convocado, primeiro, ós portavoces dos grupos políticos para ver de pechar unha proposta conxunta de toda a corporación, e non solo del, por mui alcalde que sexa, precisamnte polo simbolismo do lugar e dos nomes; e, segundo, debería ter reunido ó tecido asociativo, mesmo ó cabildo de finais dos anos noventa e principios da presente década para escoitar a súa opinión. Nada de eso fixo, e pola contra presenta unha proposta avalada exclusivamente coa súa sinatura”.

Os populares “estamos absolutamente de acordo en que se pode e se debe recoñecer á confraría de pescadores a colaboración co pobo de Burela desde a súa fundación como tal confraría. Pero hai fórmulas para facelo, mesmo hai un regulamento de honores municipal totalmente en vigor, que é de aplicación nestes casos”.

En definitiva, os populares presentarán no pleno unha proposta alternativa de cara a acadar o consenso preciso neste asunto.

Exit mobile version