Site icon Crónica3.com A Mariña

O consello da Xunta aprobou provisionalmente as Directrices de Ordenación do Territorio

REFERENCIA

Consello da xunta
Aprobadas provisionalmente as Directrices de Ordenación do Territorio

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Dic. (EUROPA PRESS) –

O Goberno galego aprobou este xoves provisionalmente as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), definidas polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, como un instrumento de planificación chamado a transformar a Galicia “difusa” nunha “cidade única e policéntrica”. Segundo avanzou, as DOT serán “de inmediato” remitidas ao Parlamento “co espírito de manter un pacto co territorio”.

Ao termo do Consello da Xunta, o presidente compareceu ante os medios acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, quen detallou o contido dun documento que inclúe as zonas de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol como “rexións urbanas”, en torno ás que se planificarán as grandes infraestruturas.

Entre as principais “novidades” deste documento, Hernández referiuse a que se “explicitar” a colaboración con outras administracións, como os concellos. Tamén explicou que, tras as alegacións recibidas, se realizaron algúns cambios con respecto ao texto presentado inicialmente, relacionados con aspectos do ámbito rural ou de mobilidade, entre outros.

REFERENCIA Consello da Xunta

Exit mobile version