Nota de prensa
O Concello de Foz pon en marcha o proxecto “Historia de Foz en fotos” nos centros de ensino
Tras a reunión cos centros educativos de Foz, o Concello de Foz pon en marcha o vindeiro venres, 3 de decembro o primeiro proxecto “Historia de Foz en fotos”.
O primeiro centro no que se levará a cabo esta iniciativa, dirixida a que o alumnado ademais de coñecer a historia de Galicia e España, saiba de primeira man a historia do seu propio pobo, será o C.P.R O Pilar.
Grazas ao banco de imaxes de Xesús de Breogán e as súas explicacións, os alumnos e alumnas de Primaria coñecerán a historia de Foz a través de imaxes, podendo comprobar os cambios acaecidos e as anécdotas máis relevantes. Aprenderán máis do seu pobo, observando como se realizaban as tarefas máis comúns, ou mesmo, como era o proceso da construción dun barco.
Así pois, o venres, 3 de decembro, a partir das 10:00h. o alumnado do C.P.R. terá ocasión de aprender a historia do seu pobo, experiencia que se repetirá o xoves, 9 de decembro, a partir das 12:20h. co alumnado do C.E.I.P Nº1.