Nota de prensa
LLANO AMÓSASE MOI SATISFEITO CO MILLÓN DE EUROS QUE RECIBIRÁ BURELA DA DEPUTACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE OBRA PÚBLICA. ADEMÁIS FOMENTO COMUNICÓULLE HOXE QUE XA SE ASINOU O CONTRATO COA EMPRESA QUE CONSTRUIRÁ A NOVA CAPITANÍA MARÍTIMA.
Burela, 14 de decembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, amósase moi satisfeito co millón de euros que recibirá Burela a través do plan complementario do extraordinario de obra pública da Deputación. O convenio será asinado o vindeiro venres.
Llano contou esta tarde que “o venres imos asinar este convenio que para Burela significa moito porque suporá un investimento total en obra pública dun millón de euros cos que dotaremos á nosa vila de todo aquelo que cremos que é necesario para facer de Burela un pobo preparado para o turismo, para o comercio e para vivir nel”.
O rexedor subliñou que “Burela medra e iso é debido a que aquí estáse a ofertar todo aquelo que é positivo para a vila, para o desenvolvemento e para a sociedade. Hai unha veintena de actuacións que se levarán adiante nos vindeiros meses en Burela. Unha das cousas importantes é o proxecto de demolición dun edificio entre Pascual Veiga e esquina rúa da Fontela, onde ampliaremos o acceso a esas rúas, váille dar unha nova visión a esa zona e quedará perfectamente tanto para vehículos como para peóns. Tamén procuraremos mellorar o asfaltado das rúas que se foron quedando máis obsoletas e procederemos á reposición de mobiliario urbano e infantil no parque Tíjola ademáis de realizar unha mellora na praza da iglesia para deixala máis atractiva”.
Llano engadiu que “son unhas 20 actuacións que faremos públicas en canto asinemos o convenio. Eso é importante xunto á boa noticia que recibín hoxe desde Fomento, confirmáronme que se asinou o contrato para a construcción da nova capitanía marítima. Penso que para a vindeira semana darán comezo os preparativos para iniciar esa obra tan importante para Burela que ten un presuposto de 2 millóns de euros e un prazo de execución dun ano”. O alcalde pensa que “con estas actuacións non só vamos mellorar os servizos e as dotacións do noso pobo, senón que tamén melloraremos as condicións laborais, o traballo e o emprego que se derivarán destas obras, o que é tremendamente positivo para todo o mundo”.