Nota de prensa
ASINOUSE O CONVENIO QUE CONVERTERÁ A ANTIGA ESCOLA DE CELEIRO DE MARIÑAOS NUN LOCAL SOCIAL
Antonio Veiga afirmou que “a Área de Cultura fai unha achega de 45.287,57 euros para a realización destas obras, que responden a unha demanda dos veciños e veciñas”
A Irmandade San Caetano foi a asociación “na que xurdiu a idea de rehabilitar o que nun tempo foi a escola de Celeiro de Mariñaos”, como explicou o delegado de Cultura. Deste xeito, continuou, “eliminarase o tabique que divide a planta en dous para darlle amplitude ao espazo, deixando así unha estancia de 90m2”. Os dous aseos sustituiranse por un só, adecuado para o uso de minusválidos.
A construción desta escola data de principios dos anos 60, e cumpriu funcións de centro educativo ata mediados dos anos 90. Ata hoxe, desenvolvíanse nas dúas aulas que a forman actividades de Prescolar na casa e culturais. Con estas obras, Celeiro de Mariñaos contará con un local multifuncional situado nunha localización inmellorable, axeitado para a realización destas e outras actividades. Como afirmou Veiga, “a Área de Cultura continúa na súa liña de colaboración cos concellos para que as instalacións culturais se amplíen, se melloren, e sirvan para recuperar o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial da xeografía lucense”.