Site icon Crónica3.com A Mariña

O combinado madrileño será o primeiro rival dos laranxas Antón, Juan e Manu defendendo a camiseta de Galicia Sub-19

Nota de prensa


MADRID, PRIMEIRO RIVAL DE ANTÓN, JUAN E MANU COA CAMISETA GALEGA

O combinado madrileño será o primeiro rival dos laranxas Antón, Juan e Manu defendendo a camiseta de Galicia Sub-19 na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais de San Fernando de Cádiz (28-30 de decembro); será mañá, a partir das 18.00 horas.

Integrado no Grupo II, o conxunto de Santiago Valladares medirase o mércores a Andalucía (20.00) e o xoves a Castela A Mancha (11.00).

Outros grupos. Melilla será a sede do Grupo I, con Navarra, Aragón e Estremadura; Cataluña encabezará o Grupo III ante Baleares e Canarias; Murcia acollerá o Grupo IV, con Castela e León e Comunidade Valenciana; e, por último, no V Asturias e A Rioxa terán como sede o País Vasco.

Á fase final, que se disputará a partir do 28 de xaneiro, accederán as cabezas de grupo e o segundo mellor clasificado.
Martes 28 de decembro

18.00 horas: Galicia-Madrid
Localización: Pavillón Almirante Laulhé

Mércores 29 de decembro

20.00 horas: Andalucía-Galicia
Localización: Pavillón Almirante Laulhé

Xoves 30 de decembro

11.00 horas: Galicia- Castela A Mancha
Localización: Pavillón Municipal de Puerto Real

Exit mobile version