Site icon Crónica3.com A Mariña

O “Colectivo Chilindrín” de Celeiro convida aos veciños a participar no “II Baile de Fin de Ano”

Nota de prensa

A ASOCIACIÓN XUVENIL E CULTURAL “COLECTIVO CHILINDRÍN” DE CELEIRO, CONVIDA A TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS A PARTICIPAR A VINDEIRA NOITE DE FIN DE ANO NO “II BAILE DE FIN DE ANO”, QUE SE CELEBRARÁ COMO VEN SENDO HABITUAL NO CENTRO SOCIOCULTURAL DA CASA DO FORNO EN CELEIRO. COMEZARÁ A PARTIR DA UNHA DA MAÑÁ E CONTARÁ COA ACTUACIÓN DO GRUPO “AGUAMARINA” E DO “DJ KANU”. O PREZO DA ENTRADA SERÁ DE 5€ E INCLÚE COTILLÓN E UNHA CONSUMICIÓN. ADEMAIS, E COMO NOVIDADE, AS 3 DA MAÑÁ REPARTIRANSE AS UVAS DA SORTE PARA QUE LOGO DA CELEBRACIÓN DUNHA GRAN GALA SORPRESA TODOS OS PRESENTES POIDAN VOLVER A CELEBRAR A ENTRADA NO ANO 2011.

A A.X.C. COLECTIVO CHILINDRÍN QUERE DESEXARLLE A TÓDOLOS SOCI@S, VECIÑ@S E VISITANTES UN FELIZ ANINOVO E AO MESMO TEMPO AGRADECER A GRAN ACOLLIDA QUE TIVERON TÓDALAS NOSAS ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2010, ENTRE AS CALES SE ATOPARON AS FESTAS PATRONAIS E DO MAR CELEIRO 2010, O V FESTIVAL ARREAOCABO, SARDIÑADA POPULAR, UN MAGOSTO, E DIVERSOS BAILES NA CASA DO FORNO. NO ANO 2011 CONTINUAREMOS TRABALLANDO COMO VIMOS FACENDO ATA O DE AGORA, E AGARDAMOS SEGUIR CONTANDO COA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN DE SOCI@S E VECIÑ@S, PARA SEGUIR ANIMANDO ENTRE TODOS A VIDA NO POBO DE CELEIRO.

Exit mobile version