Nota de prensa
RIVERA NON TEN CREDIBIVILIDADE ALGUNHA POSTO QUE XA ADELANTARA QUE SE IVA A INICIAR O DRAGADO NO 2008 CO BIPARTITO
Foz, 23/12/10.- O candidato dos populares focenses Javier Castiñeira, quere recordarlle ao Sr Rivera que “a súa credibilidade para levar a diante os grandes proxectos de Foz, está polos suelos, non hai máis que mirar para os lados e buscar onde están, non existen, e coas descalcificacións destes días, chamando caciques aos membros do partido popular de Foz, o que demostra que non ten argumentos para defenderse das acusacións de que está a bloquealos agora que a Xunta si ten previsto realizalas”.
Comenta Castiñeira que “Rivera non fai nin fixo nada polo Dragado, soamente lear aos focenses, é pouco crible porque os feitos están aí , xa en outubro do 2008, en épocas cércanas ás eleccións autonómicas do 2009 en presenza dos Srs Jacinto Parga Presidente de Portos de Galicia, e o Sr Besteiro Presidente da Deputación, confirmaron o inicio das obras do dragado das dársenas do porto e o canal de acceso sen ter incluso un euro asignado, ¿onde está o prometido?,”. Segue afirmando o popular, “Vostede non ten autoridade moral para bloquear aos que sí o van a facer, porque xa hai dotación económica, polo tanto mentiron aos focenses, igual que menten coas grandes obras de Foz que prometeron os socialistas e quedaron sen facer polo Bipartito, coma o Xeriatrico, o Auditorio, o porto deportivo”. Xa sen contar co estado da Autovia do Cantábrico ao seu paso pola Mariña, e a parte do corredor ao seu paso por Foz dende Barreiros a San Cibrao que non existe, mentres avanza a parte que corresponde a Xunta de Galicia dende San Cibrao a Ferrol, ¿Qué esta esperando, a que goberne o PP para protestar?.
“Recordámoslle a Rivera que quen debe decidir sobre a solución a adoptar no dragado, non é él como alcalde, nin tampouco Costas, nin o Partido Popular por suposto, son os técnicos de Portos de Galicia da Xunta , que deben buscarán a mellor solución, para levar a diante unha obra o antes posible, e según as últimas noticias, o gran problema e que Costas do estado non facilitou un punto de vertido viable para realizar as obras coas mínimas garantías, tal e como se solicitou fai varios meses portos, incluso rexenerar praias coma peizás que están ao descuberto, como están a demoralo o máximo posible por electoralismo, decidiuse levalo por estrada pola urxencia da actuación”.
O que me parece mais grave e que o Alcalde teña algo pactado con Costas, a espaldas da consellería que descoñezan os técnicos de Portos, que é o ente que debe asumir a execución e o custe da Obra”, e despois acúsanos a nos de Caciques. ” Recórdolle ao Alcalde non se interfirá o trafico no núcleo urbán posto que os 10.000 m3 de area sairán por Malates hacia Vilaxoane, pero pregúntolle a Rivera ¿porqué non se opuxo hai uns anos aos mais de 200.000 m3 de terra , é decir 20 veces máis que salpicaron a nosa poboación nestes últimos anos de construción?
Con respecto a obra do Bispo Santo, aclararlle a Rivera que “quen Solicita as obras é a “Asociación Cívico Cultural Bispo Santo”, non o Partido Popular que foi quen presentou a iniciativa nun pleno o ano pasado, que por certo se acordou por unanimidade iniciar as xestións, e vostede como é unha iniciativa dos populares, no pleno di unha cousa e fora fai outra, recorde que non ten a maioría, e debe respectar as decisións do pleno”, sigue afirmando Castiñeira que “o único que fixo o partido Popular foi cumprir coa súa responsabilidade e interesarse por saber como estaban as xestións na Xunta, cousa que o Alcalde non o fai”.
“O que se pide por parte da asociación é que o concello SOLICITE A SUBVENCIÓN á Consellería de Medio Rural para que financie as citadas obras de ampliación, para iso pon á súa disposición os seus terreos, non se están cedendo como quere agora lear vostede” co único motivo de que non lle cae simpático algún directivo da asociación, recórdolle que non é a primeira obra que se fai con fondos do concello en propiedades de asociacións, e vostede sabeo ben”.
Afirma o candidato popular que ” Xa sabíamos, por xente cércana a él, que en épocas de eleccións recorre ás descalificacións e bulos hacia os rivais políticos, pero eu son dos que creo que os cidadáns de Foz están cansados deste xogo, e merécense outra cousa, polo que non vou a entrar nesta dinámica”.
Os populares non traballaremos para que saian as cousas a diante a prol dos veciños de Foz que son os que se van a beneficiar das obra, iso non é ser Caciques. Vostede será o responsable si se perde a subvención por non facer caso as decisións do pleno e ás demandas dos veciños.”