Nota de prensa
O CALENDARIO LARANXA 2011 ESTARÁ DISPOÑIBLE DENDE O SÁBADO 18
Un ano máis, e xa van cinco, o ‘Calendario Laranxa’ volverá á rúa cos primeiros equipos, masculino e feminino, e as categorías inferiores exercendo como verdadeiros profesionais top-model. Coincidindo co último encontro da División de Prata en 2010 (Burela FS-Colegios Arenas Gáldar), todas as persoas interesadas poderán adquirilo este sábado, día 18, no pavillón Vista Alegre, ao prezo simbólico de 2 euros.
O ‘Calendario Laranxa 2011’, que inclúe a axenda ligueira dos seus primeiros equipos, tanto do feminino en Honra coma do masculino en Prata, foi presentado esta tarde na sede do club polos capitáns burelistas Juanma e Claudia, na compaña do directivo José Luis Sáez.
A xoiería burelá Kessarys dá a benvida do ano cos co-capitáns Purao e Ro. Os meses e a tempada transcorren cos xogadores e xogadoras no Palacio de Cristal, o Concello de Burela, Alain Afflelou Óptico, a Raxería A Dorna, a Cervexería O Trisquel, Interfilm, Pescados Rubén, Librería Cadernos, Living Sport e a Confeitería Anduriña. Lucía e Adriá Esteller despídense dende Autos Morán con rumbo a novos éxitos para a gran familia laranxa.
A partir do luns 20, o almanaque, con deseño e fotografía de Akersia SL e impresión de Gráficas Arfe, tamén estará dispoñible nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97) e nas librerías burelás Cadernos, Auma, Atril e Bluster, ademais das empresas colaboradoras Kessarys, Anduriña, Alain Afflelou, O Trisquel, A Dorna, Palacio de Cristal, Interfilm e Living Sport.