Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS atoparase co Azkar nas semifinais da Copa Galicia en Lalín o 7 e 8 de marzo

Nota de prensa:
O BURELA FS ATOPARASE CO AZKAR NAS SEMIFINAIS DA COPA GALICIA (LALÍN, 7-8 MARZO)

O Burela FS medirase ao Azkar Lugo, da División de Honra, na fase final da XX Copa Galicia, que terá lugar en Lalín en pleno Entroido 2011, entre o 7 e o 8 de marzo.

Transportistas e laranxas abrirán a cita coa primeira semifinal o luns 7, ás 19.00 horas, no pavillón Lalín Arena. Unha hora máis tarde enfrontaranse o honorable Xacobeo 2010 Lobelle e o Hotel Torques FS de Mera, de Primeira Nacional A. Os gañadores dos devanditos encontros veranse as caras na final do martes 8, con horario aínda por fixar.

O Burela FS logrou acceder a esta fase tras a vitoria de cuartos ante Ribeira de Piquín (2-4), o pasado 6 de decembro. Suso Rey reformou o cadro habitual cunha dose extra de xuventude para impoñerse aos de Primeira B, con Brais baixo os paus e outorgando minutos aos novísimos Paleta e Manu, ademais do xuvenil Antón.

Exit mobile version