Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG recorda que en Barreiros concedéronse 44 licenzas con informes xurídicos en contra no ano 2006

Nota de prensa

O BNG CRITICA A EXISTENCIA DE DÚAS VARAS DE MEDIR NO CONCELLO. AOS NACIONALISTAS PARÉCELLES CURIOSO QUE SE ABRA UNHA INVESTIGACIÓN A UNHA FUNCIONARA POLAS ACUSACIÓNS REALIZADAS POR UN PROMOTOR E QUE NON SE DEPUREN RESPONSABILIDADES TRAS A CONCESIÓN DE 44 LICENCIAS NO 2006, QUE CONTABAN CON INFORMES XURÍDICOS EN CONTRA.

Barreiros, 14 de decembro de 2010. O BNG denuncia a existencia de dúas varas medir no Concello. Aos nacionalistas parécelles curioso que se lle abra unha investigación a unha funcionaria municipal polas acusacións feitas por un promotor, e que non depuren as responsabilidades políticas e administrativas tras a concesión de 44 licencias no 2006 con informes xurídicos en contra.

Desde o BNG sinalan que “non é de recibo que existan dúas varas de medir no Concello, é curioso que se abra un expedente a unha funcionaria municipal polas acusacións dun promotor sobre a suposta actuación irregular entre outros promotores e a secretaria, pero hai que recordarlle ao alcalde que non se abriu ningún expedente a él nin á xunta de goberno de 2006 por actuacións que sí están no xulgado. En xullo deste 2010 xunta de goberno e alcalde prestaron declaración en Mondoñedo por esas 44 licencias concedidas no 2006 con informes xurídicos en contra”. Antonio Veiga considera que “aí habería que abrir tamén unha investigación para depurar responsabilidades políticas e administrativas, que esas sí que son graves e repetidas durante todo o tempo”.

O portavoz do BNG aposta “porque se investigue todo o que se teña que investigar e serán os tribunais os que decidirán. Non é de recibo esta postura do alcalde postulándose por enriba do ben e do mal e casi por enriba da xustiza, ao mesmo tempo está contribuindo a facer un xuizo mediático a un funcionario. O alcalde é o menos indicado para presumir de que abre unha investigación para depurar responsabilidades, porque él sí que ten moitas responsabilidades en todo o que está a acontecer en Barreiros. O concello está no ollo do furacán, sobre Barreiros planea a sombra da corrupción non porque o diga o BNG senón porque o promove o propio alcalde”.

Antonio Veiga lembra que “foi no ano 2005 cando Alfonso Fuente se converteu en alcalde e cando empezaron os problemas en Barreiros, senón recordémoslles a todos os veciños o que ocorría antes e o que ocorreu despois. E por iso nos sorprende moito que se teñan dúas varas de medir, hai que ter moi pouca vergonza para dicir alegremente que se vai abrir unha investigación a unha funcionaria municipal e que non se abrira ningunha para ver qué responsabilidades tiña a xunta de goberno e algún funcionario en todo o acontecido no 2006”.

Os nacionalistas subliñan “un dato, para que non lle escape á xente, recollido por todos os medios, que é certo: a secretaria municipal é un testigo clave na instrucción da denuncia da fiscalía contra o alcalde pola concesión de 44 licencias no 2006. Creo que ese é un dato básico para calquera persoa que queira facer unha análise do que está a acontecer nos últimos días en Barreiros”.

Exit mobile version