Nota de prensa
O Bloque pide vivendas sociais para Xove
O grupo parlamentar do BNG incluíu varias emendas aos orzamentos da Xunta, presentadas para o beneficio de todos os xovenses
O BNG ratificou o seu “compromiso con Xove” tras a introdución de varias emendas aos orzamentos para o 2011 que intenta aprobar o Partido Popular no trámite parlamentario. “Agora só queda que o PP decida modificar o seu presuposto e incluilas para o ano que vén”, advertiu Marco López.
Entre as emendas elevadas ao pleno do Parlamento galego polo grupo do BNG incorporouse un proxecto de construción de vivendas sociais, a actuación de arranxo e mellora do porto de Portocelo danado polo temporal Becky e mais a redación do proxecto do cinto industrial de Alcoa. Todas estas son actuacións que o PP non contempla no seu orzamento inicial, porque decidiron que Xove non percibirá nin un só euro da Xunta o próximo ano.
Desde o Bloque xovense esperan que, con esta iniciativa do BNG en Santiago, o resto dos grupos ratifiquen a modificación das contas públicas galegas do próximo exercicio e apoien “con feitos e non só con propaganda” os intereses do Concello de Xove.