Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG organiza unha cea no Clube Social de Palmeiro onde presentarán ao seu candidato á alcaldía de Xove.

Nota de prensa

O BNG de Xove presenta o seu candidato

O Bloque Nacionalista Galego organiza para o vindeiro venres 17 de decembro, ás 20:30 horas, unha cea no Clube Social de Palmeiro onde presentarán de xeito oficial ao seu candidato á alcaldía de Xove. Neste acto está prevista a presenza, ademais de Marco López, do ex conselleiro de Industria Fernando Blanco e de Antonio Veiga, delegado de cultura e deportes da Deputación.

A finalidade do acto é dar a coñecer o compromiso do BNG con Xove, moito máis tendo en conta que o grupo municipal do Bloque é o máis dinámico e creativo da política municipal, intentando conectar sempre coas necesidades da xente e primando os beneficios dos cidadáns e non os dunhas siglas.

“Por vez primeira en toda a democracia Xove benefíciase das ideas e proxectos recollidos polo Bloque no seu programa electoral”, asegurou Marco López. O candidato á alcaldía de Xove explicou que a carencia de ideas propias no equipo de goberno e a ausencia dunha maioría absoluta na cámara municipal trouxo consigo a recuperación de varios plans nacionalistas de goberno, un beneficio palpable na sociedade xovense ao terse que dedicar amplas partidas orzamentarias para os proxectos que foron propostos polo BNG. “Ademais”, lembrou López, “é de xustiza recoñecer que o Plan E achegou nestes últimos anos uns investimentos que fixeron posible moitas actuacións”.

Exit mobile version