Nota de prensa
A Mariña, 14 de decembro de 2010. O BNG por medio dos parlamentares Bieito Lobeira e Fernando Blanco interesaranse no parlamento Galego polo sucedido a dúas embarcacións afundidas no porto de Celeiro o pasado 5 de decembro.
Segundo os datos coñecidos as embarcacións de baixura “Cabo Morás” e “Norteño”, atracadas a porto afundíronse por causas descoñecidas. Os problemas continúan cando se intenta refrotar os pesqueiros e subilos a terra para a súa reparación. Para os portavoces parlamentares nacionalistas “a secuencia dos feitos e surrealista”:
1º Malia intentalo telefonicamente ningún garda peiraos acudiu ao lugar dos feitos.
2º En consecuencia os afectados tiveron que crebar o vidro que protexe a caixa de subministración eléctrica.
3º As bombas de achique do porto non funcionaron, tendo que utilizar caldeiros.
4º Unha tubaria rebentou ferindo na cabeza ao armador do “Cabo Morás”(precisando varios puntos de sutura)
5º O sistema de vídeo vixilancia do porto de Celeiro non estaba operativo, polo que e posíbel acceder ás imaxes do momento do afundimento das embarcacións, e daquela non se poden coñecer as causas do sinistro.
6º O guindastre automotriz estaba avariado, e houbo que recorrer a un guindastre forestal que se atopaba nas inmediacións para poder refrotar e varar as embarcacións.
Para os parlamentar nacionalista Bieito Lobeira resulta “realmente sorprendente” como nunha instalación portuaria pertencente ao Ente Público Portos de Galiza(Consellaría do Mar) se poden materializar os fundamentos mais insólitos da denominada “Lei de Murphy”, isto e, “a explicación traxicómica dunha secuencia de infortunios, que adquiren no caso de Celeiro, a súa máxima expresión.”
Para Lobeira, a situación descrita non e lóxica nin normal, e intolerábel, polo que esixirá explicacións do acontecido para evitar que feitos como os sucedidos en Celeiro non se volvan reproducir, mesmo valorando a esixencia de responsabilidades; neste sentido o BNG presentará a seguinte batería de preguntas.
1º Por qué non funcionou nada no porto de Celeiro o pasado 5 de decembro?
2º De quen e a responsabilidade?
3 Que medidas concretas se adoptan para evitar que estes feitos se repitan no futuro