Nota de prensa
Marco López candidato á alcaldía de Xove
A Asemblea Local xovense nomeou por unanimidade a Marco López como candidato á alcaldía, designación que foi ratificada polo Consello Comarcal do BNG
O BNG designou a Marco López como número un da súa lista e candidato á alcaldía de Xove para as Eleccións Locais do 2011.
López é o responsable local da formación xovense desde hai ano e medio, cando substituiu a Xosé Durán no cargo. O novo candidato do Bloque á alcaldía de Xove asegura que atopou un partido fortemente implantado na vida pública do concello grazas ao gran traballo dos seus antecesores “que siguen colaborando con intensidade” e son “parte fundamental” da organización.
Marco López declarou que “aspira a todo” nas vindeiras eleccións municipais e que se sinte “preparado” para guiar o Concello neste contexto de crise xeral que “non fixo máis que empezar”. Ademais o candidato nacionalista advertiu que “se algo se fixo en Xove” nestes últimos catro anos, foi grazas á “ausencia de maiorías absolutas” por primeira vez en toda a democracia, o que deu pé á aprobación de mocións favorables aos autónomos ou aos gandeiros “a pesar da oposición do PP nos plenos”.