Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz insta ao concello a abrir canto antes a cafetería do centro social do porto

Nota de prensa

O BNG DE FOZ INSTA AO CONCELLO A ABRIR CANTO ANTES A CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DO PORTO

Foz, a 20 de decembro de 2010.- O BNG insta ao Concello de Foz a reabrir canto antes a Cafetería do Centro Social situado no porto e que pechou as súas portas o pasado día 15 sen ningún tipo de explicación por parte do Goberno Municipal. A Cafetería é municipal e estaba arrendada desde o 28 de febreiro do 2008.

Esta cafetería era o centro de reunión de moitas persoas maiores (onde tomaban o café, xogaban a partida ou estaban de cháchara) co que diante desta situación quedaron sen o lugar habitual onde xuntarse polo que, despois da sorpresa inicial ao atopar pechado o establecemento, demandan unha solución rápida por parte do Concello, sobre todo porque veñen unhas datas onde se fai máis imprescindible. Desde o punto de vista do BNG o mínimo que debería ter feito o Concello, unha vez se enterou da nova, era avisar con antelación a todos os usuarios do seu peche e dar algunha información sobre cando se ten pensado reabrir.

Para o BNG, esta falta de actuación por parte do Goberno Municipal é outra demostración de desconsideración pola súa parte cara os veciños e da pésima xestión dos servizos municipais. O BNG por este motivo e facéndose eco do descontento veciñal, insta ao Goberno Municipal que tramite canto antes unha nova contratación do servizo de cafetaría do Centro Social.

Exit mobile version