Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz cualifica de electoralismo a polémica entre PP e PSOE sobre o dragado da ría

Nota de prensa

O BNG DE FOZ CRITICA A POLEMICA ENTRE PP E PSOE SOBRE O DRAGADO DA RÍA DE ELECTORALISMO

“Esta polémicas so prexudican a imaxe de Foz e os seus intereses” afirma Basanta

Foz a 23 de decembro de 2010.- O BNG de Foz cualifica a polémica suscitada entre o PP e o PSOE locais á raíz do dragado da Ría de puro electoralismo e de irresponsabilidade posto que antepoñen unha loita partidaria aos intereses do pobo.

Tanto o PP como o PSOE están utilizando unha obra tan necesaria para o porto de Foz para lanzarse continuas acusacións e para querer aparecer como os defensores do pobo, cando todas estes enfrontamentos o que fan é dar unha imaxe penosa dos dous partidos, máis preocupados en quedar ben que en unir esforzos para que a obra de dragado se realice canto antes. Porque non hai que esquecer que esta obra foi unha promesa repetida ata a saciedade tanto polo PP como polo PSOE.

Neste sentido, pedímoslle ao alcalde de Foz que se preocupe de que o dragado da Ría se faga que en buscar motivos para que non se faga. Porque entre outras cousas, tanto se a area é transportada en camións como se se deposita en altamar, as condicións do seu transporte deberán cumprir con todas as garantías. É se é o caso que o transporte en camións ocasiona algún deterioro nas vías públicas, tamén existe normativa para esixir a súa reparación ou unha compensación económica polo danos producidos. De todas formas chama a atención que ao alcalde lle preocupe isto agora cando en Foz durante moito tempo sufrimos o continuo tránsito de camións por motivo das obras de construcción (incluso en pleno verán) sen que o alcalde movera un dedo para que se cumprisen as ordenanzas en canto a limpeza e reparación das vías públicas, como tampouco o alcalde nunca lles reclamou nada ás empresas forestais que coa maquinaria e os camións causan todo tipo de estragos nas pistas forestais e nas estradas das parroquias. A maiores, só basta contemplar o mal estado actual das vías urbanas e de parroquias para comprobar o pouco que lle preocupa ao alcalde o seu estado. “Agora entroulle ao alcalde o súbito arroubo da defensa do público cando as vías públicas do Concello están no estado que están e cando nunca o alcalde esixiu reparacións nin responsabilidades a quen as deteriora.”, ironizou Basanta.

Desde o BNG, pedímoslle tanto ao PP como ao PSOE un pouco de cordura neste tema, porque ao final o que importa é o dragado da Ría, faga quen o faga, e non a disputa partidaria de dous candidatos que por outra parte xa teñen demostrado o seu pouco peso político dentro dos seus partidos e que non van a decidir nada.

Exit mobile version