Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo anuncia que presentou emendas aos orzamentos da Xunta por 1,9 millóns de euros

Nota de prensa

CERVO

O BNG DE CERVO PRESENTOU EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2011 POR 1,9 MILLÓNS DE EUROS

Estúa di que co voto de Balseiro e suficiente e pídelle ao concelleiro e parlamentar popular que  o poña ao servizo dos seus veciños e veciñas

O dragado da presa de Rúa, a construción de vivenda social ou unha partida para a creación dunha escola infantil e a redacción do proxecto para o cinto industrial de AlCOA así como a recuperación e consolidación do Castro da Atalaia

Cervo, 1 de decembro de 2010. O BNG de Cervo presentou emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2011 por 1,9 millóns de euros que pretenden investimentos en materia de infraestruturas de abastecemento de auga, dotacións sociais e de vivenda, infraestruturas industriais e recuperación e consolidación do Castro da Atalaia. Os nacionalistas agardan o voto favorábel cara estas emendas do concelleiro e parlamentar cervense, José Manuel Balseiro, por tratarse de asuntos que son fundamentais para o concello de Cervo.

Dragar e limpar a presa de Rúa e fundamental para mellorar a calidade da auga e evitar o incremento do seu prezo.

O portavoz municipal do BNG de Cervo, Xoán Antón Estúa, deu a coñecer as emendas parciais presentadas para modificar partidas orzamentarias dos orzamentos 2011 da Xunta de Galiza na busca dun incremento no investimento público para o vindeiro exercizo orzamentario. Para Estúa “o PP non pode poñer escusas en aprobar a emenda para o dragado da presa de Rúa que a propia Delegada Territorial anunciou sen existir partida orzamentaria par a súa execución e que está avalada por acordos tanto dos plenos da corporación de Cervo e Burela”, “esta obra débese executar de inmediato por que así estaba recollida no proxecto inicial ou do contrario terá repercusións moi negativas na calidade e prezo da auga”

Vivenda social e unha escola infantil para asentar poboación no concello e mellorar a conciliación da vida laboral e familiar.

As últimas 15 vivendas sociais construídas en Cervo, executadas e adxudicadas pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo, deixaron fora da lista final de adxudicación a 37 persoas que demandaban ter acceso a unha vivenda en propiedade ou aluguer a prezos accesíbeis de acordo co seu nivel de rendas. Estúa “lembrou a constante baixada do censo de poboación do concello de Cervo nos últimos anos” e dixo que “unha boa medida para asentar poboación no  municipio e facilitar o acceso á vivenda e débense dar pasos neste sentido”. No mesmo campo social enmárcase a emenda presentada para un proxecto de creación dunha escola infantil no concello, os nacionalistas non se conforman co PAI  e queren un servizo de maior calidade polo que demandan unha acción decidida para a posta en marcha dunha escola infantil.  “O Punto de Atención Infantil de San Cibrao financiado en boa parte por axudas dunha área nacionalista da Deputación e insuficiente para concertar a vida familiar e laboral polo que debemos camiñar para mellorar ese servizo”, indicou Estúa, “que aproveitou para lamentar a demolición do edifico de infantil do Rivera Casas que sería un lugar perfecto e céntrico para situar ese servizo.”

Balseiro tamén terá ocasión de apoiar a redacción do proxecto para o cinto industrial de ALCOA,  a recuperación e consolidación do Castro da Atalaia e outra para a reparación de danos causados polo Becky.

Os nacionalistas cenvenses tamén “agardan que Balseiro poña o seu voto ao servizo dos seus veciños e veciñas” apoiando as emendas presentadas para a “recuperación e consolidación do Castro da Atalaia”, a “redacción do proxecto para o cinto industrial de ALCOA” ou o incremento de partidas dedicadas a recuperar danos causados polo Becky e previr outros que se puideran darse no futuro na zona portuaria de San Cibrao.

Exit mobile version