Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros demanda que o plan sectorial para as parroquias atenda as necesidades de todos os veciños e non só os das urbanizacións

Nota de prensa:

O BNG DEMANDA QUE O PLAN SECTORIAL PARA AS PARROQUIAS DE SAN MIGUEL, SAN PEDRO, SAN COSME E REINANTE ATENDA AS NECESIDADES DE TODOS OS VECIÑOS E NON SÓ AS DAS URBANIZACIÓNS QUE OCASIONARON A PROBLEMÁTICA URBANÍSTICA EN BARREIROS.
Barreiros, 3 de decembro de 2010. O BNG demanda que o plan sectorial de Xunta, Deputación e Concello para as parroquias de San Miguel, San Pedro, San Cosme e Reinante atenda as necesidades de todos os veciños e non só as das urbanizacións que ocasionaron a problemática urbanística en Barreiros.
Os nacionalista levaron ao último pleno celebrado no Concello esta cuestión “tendo en conta a preocupación que existen entre os veciños de Barreiros polos servizos que ofrece ese famoso plan sectoral para dotar de abastecemento, saneamento e rede viaria a todas esas urbanizacións de San Miguel, San Pedro, San Cosme e Reinante, unha preocupación que tamén temos no BNG”.
O portavoz do Bloque en Barreiros, Antonio Veiga, sinalou que “as nosas preguntas foron no sentido de que se lles aclarase aos veciños para quen van ser eses servizos, si serán únicamente para as urbanizacións ou si van ser para a totalidade das vivendas desas catro parroquias. A resposta que se nos deu non foi concluinte nin convincente porque nos dixeron que todos se van ver beneficiados cando se fai unha rede de saneamento. O que non se di é a letra pequena, non se explica quen vai pagar as conexións ás casas que non están neses núcleos, si as terá que pagar o propio veciño ou si irán con cargo a eses 14 millóns de euros do erario público que Xunta, Deputación e Concello van poñer para dotar de servizos a esas urbanizacións substituindo a labor de quen tiña que facelo e que non o fixo”.
Veiga Outeiro dixo que “atendendo á memoria deste famoso plan sectorial dos 14 millóns, di por exemplo que en Sarxende quedan fora de núcleo 170 vivendas e no resto de San Miguel quedan fora de núcleo 260 vivendas. Entón a pregunta que nos facemos é cómo se van conectar todas esas vivendas á rede de saneamento e quen vai pagar esas conexión. É a pregunta que se fan todos os veciños, queren saber si teñen dereito a eses servizos ou non, nós entendemos que si son cartos públicos e pagados do erario público todos os veciños se teñen que beneficiar desa partida”.
O voceiro nacionalista engadiu que “esa memoria do plan sectorial ven dicir o que nós levamos advertindo desde hai anos que non había servizos e que moitos eran deficientes. Nesa memoria dise que a depuradora de San Cosme non se axusta ás normativas europeas porque mezcla augas fecais con augas pluviais ou algo que sabemos todos que a depuradora de San Miguel non funciona, ou que a depuradora de Reinante está sobredimensionada e de aí proveñen os malos olores. Todo iso o recolle a memoria que curiosamente non foi feita polo BNG, foi realizada polo PP, ousexa que o PP está a recoñecer o que lle dixo a anterior Xunta e o que o BNG veu dicindo durante todos estes anos, non había servizos e que os poucos que había eran totalmente deficientes”. Desde O BNG explicaron que “nós o que pretendemos é que con este plan sectorial, pagado cos cartos de todos os galegos e de todos os barreirenses, se atendan todas as necesidades non só as das catro urbanizacións que provocaron esa desfeita, as de todos, por non falar xa da zona sur para a que non se contempla nada de nada”.

Exit mobile version