Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG critica que o PP votase na Deputación en contra dunha subvencióa a ACIAM de Xove

Nota de prensa

O BNG de Xove critica que o PP non apoie a ACIAM de Xove

O candidato do BNG de Xove á alcaldía, Marco López, manifestou unha “fonda preocupación” despois de que os deputados do PP na Deputación de Lugo non votaran a favor da aprobación dunha subvención directa nominativa de 1.000 euros para as actividades da Asociación de Comerciantes e Autónomos do municipio.

Esta axuda está incluída no Plan Estratéxico 2010 do INLUDES e foi solicitada pola ACIAM para a promoción activa do comercio de Xove a través de bolsas publicitarias, polo que no Bloque non entenden a negativa do PP a aprobar iniciativas deste tipo “que benefician os pequenos negocios do noso concello”, afirmou Marco López.

Desde o BNG xovense advertiron o “desinterese” dos populares por este tipo de campañas que buscan “dinamizar e dar a coñecer o noso excelente comercio”. Nesta liña, López denunciou o “dobre discurso” dos populares porque en Xove “adoitan dicir unha cousa” e en Lugo ou Santiago “fan outra ben diferente”.

O nacionalista pediulles “coherencia” aos deputados provinciais do PP e “respecto” para as iniciativas das asociacións de Xove, que non pretenden máis ca “buscar solucións efectivas á crise” ante a ausencia dunha política económica efectiva da actual Xunta.

Nota de prensa

Exit mobile version