Nota de prensa
A Área de Cultura da Deputación destina
máis de 15.000 euros ás asociacións de Xove
O departamento nacionalista dirixe as axudas a diferentes colectivos culturais e mais á rehabilitación da antiga escola das Gulpilleiras
A Área de Cultura da Deputación de Lugo destinou subvencións por valor de 15.800 euros ás diferentes actividades realizadas polas entidades culturais xovenses entre as que se atopa Prestoxove, unha asociación vencellada á formación musical.
O departamento que dirixe Antonio Veiga Outeiro adxudicoulle a Prestoxove 3.500 euros e outros 4.000 euros á Foliada da Mariña, organizada por Saíñas. Tamén se dirixiron axudas, entre outras, ao Festival do Humor (2.500 euros) ou á Festa das Fillas da María (500 euros), unha celebración recuperada con moito éxito pola ACIAM de Xove. Asemade, asignáronse 4.500 euros para a rehabilitación do Centro Sociocultural das Gulpilleiras, situado na parroquia da Rigueira.
Marco López, responsable local do BNG en Xove, declarou que estas axudas veñen ratificar o “compromiso” das administracións nacionalistas coa localidade e incidiu na xestión eficaz e transparente “afastada de partidismos” dos organismos gobernados polo Bloque.