Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz recoñece o apoio da Deputación ao Concello e a falla de compromiso da Xunta

Nota de prensa

CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPED ARTIFICIAL:

O Presidente da Deputación Provincial comunícalle ao Alcalde de Foz que foi aprobado 1 millón de euros na Xunta de Goberno da Deputación para realizar un convenio de inversión co Concello de Foz.

O Alcalde está satisfeito porque isto ven a demostrar o compromiso que a Deputación ten co noso Concello, cousa que non fai a Xunta de Galicia, que onte nos denegou no Parlamento, a unha proposta do PSdG-PSOE, diñeiro para unha residencia de maiores para Foz.

O Alcalde di que “eu síntome contento por todo isto pero hoxe quen máis contenta está é a concelleira delegada de Deportes, Rosa Alonso Rodríguez, porque leva moito tempo peleando coa Xunta de Galicia para poñer en marcha no campo de fútbol de Malates o césped artificial e agora esa demanda de todo o colectivo deportivo de Foz, vai ser atendida, e esa obra que comezará no vindeiro mes de febreiro, será unha realidade para os nosos deportistas”.

A semana entrante asinarase o convenio na Deputación de Lugo, co seu presidente, e despois decidirase cada unha das obras necesarias para a inversión da cantidade restante á inversión do césped artificial do campo de fútbol.

Como poden comprobar os veciños e veciñas deste Concello, os compromisos adquiridos polo Goberno Municipal, vanse cumprindo, sen presa pero sen pausa, pero temos que manifestar, unha vez máis, que non é o mesmo predicar que dar trigo. E neste caso, o PP a predicar e o Goberno Municipal a dar trigo e a facer obras, sen dúbida hoxe un día grande para Foz.

Exit mobile version