Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pedirá que a dirección xeral de Urbanismo acelere a tramitación do PXOM

Nota de prensa

ALFREDO LLANO VIAXARÁ O LUNS A SANTIAGO PARA FALAR DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL COS RESPONSABLES DE URBANISMO.

Burela, 14 de decembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, viaxará o vindeiro 20 de decembro a Santiago acompañado do arquitecto municipal para manter un encontro cos responsables da Dirección Xeral de Urbanismo.

Segundo o rexedor “imos levarlles a documentación requerida do plan xeral de ordenación municipal e quero aproveitar para pedirlles que aceleren ao máximo o remate desta fase de información por parte da Xunta de Galicia”. Alfredo Llano lembrou que “xa hai meses que enviamos o documento elaborado á Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras e tamén a Urbanismo e estamos pendente do que o informen”.

A xuntanza do vindeiro luns está prevista para as 12:30 da mañá

Exit mobile version